Investigan un veciño de Ferrol que foi interceptado dúas veces con cartóns de mobilidade reducida falsos

Unha vez feitas as correspondentes actuacións, certificouse que o distintivo de persoa con mobilidade reducida nunca existira, polo que se realizaron dilixencias por un suposto delito de falsidade documental.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2019 | Actualizada ás 21:06

Comparte esta noticia

A Policía Local de Ares (A Coruña) abriu unha investigación contra A.S.D., un veciño de Ferrol ao que sorprenderon en dúas ocasións con cartóns para persoas con mobilidade reducida que eran falsos. A primeira vez que foi intervido coincidiu cando viron un vehículo en cuxo interior estaba colocado este distintivo que, segundo asegura a Policía, "presentaba indicios de ser unha fotocopia". Con todo, como non se puido comprobar no  momento a súa autenticidade e non estaba o condutor do vehículo, non se puido actuar.

Logo duns días o mesmo vehículo estaba estacionado noutro lugar reservado para persoas con mobilidade reducida. Esta vez si se puido localizar ao dono do coche e solicitarlle dito cartón. Ao ver os actuantes que podía tratarse dun documento falso, decidiron intervilo para realizar as correspondentes comprobacións. Ademais, atoparon outra fotocopia no interior do vehículo.

Unha vez feitas as correspondentes actuacións, certificouse que o distintivo de persoa con mobilidade reducida nunca existira, polo que se realizaron dilixencias contra A.S.D. por un suposto delito de falsidade documental, castigado con penas de prisión desde seis meses a tres anos.

Policía Local
Policía Local | Fonte: Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta