VOTA | Cal é a mellor opción política para Galicia nas eleccións xerais do 28A?

GC pregunta aos lectores que formación política é mellor que gañe en Galicia para defender os intereses do país en Madrid.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/04/2019 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

A última macroenquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) para as eleccións xerais do próximo 28 de abril dá a vitoria do Partido Socialista en Galicia, onde obtería entre 9-10 escanos, por diante do Partido Popular, que quedaría con 8-9 deputados galegos no Congreso, nuns comicios onde por primeira vez Ciudadanos e Vox terían representación de Galicia en Madrid, con dous ou un deputados, respectivamente, e En Marea e BNG non obterían representración, mentres que En Común-Unidas Podemos podería conseguir dous.

Voto nas eleccións municipais
Voto nas eleccións municipais

Ante unha das eleccións máis incertas na historia do país, GC pregunta aos lectores cal cren que é a mellor opción política para Galicia nestes comicios trascendentais, entre os partidos que xa teñen representación nas cámaras galega e española, e os que as enquisas colocan con escanos nas próximas eleccións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 36 comentarios

2 Sempre Estou

Poñer a Vox e non a Compromiso por Galicia non sei si é de mente colonizada ou de blanqueador do fascismo.

1 João B.

Comentário absurdo e de choromicas. Nenhum pesquisa contempla CxG como uma força com possibilidades mínimas nas eleiçãos do Estado, mas sim para Vox. Apesar de não gostarmos, a extrema direita está a chamar as portas e incluí-la com base na realidade das pesquisas não é embranquecer o fascismo, nem de mentes colonizadas, é representar a realidade, na qual os vitimados e perdedores vêem uma conspiração onde não existe. E todos nós sabemos como são os conspiradores. Antes de chorar e procurar por conspirações, procure saber por que CxG não conta nas pesquisas nin ten possibilidades.

1 ufff

evidentemente ningunha delas... xa levan 40 anos dando o coñazo e Galicia vai a peor claramente. Por activa ou pasiva son responsables... eso si uns máis que outros.

1 unmais

Enganase nos 4 anos de goberno do bipartito Galiza creceu por riba da media do -estado, si continuase hoxe non estariamos na situacion que estamos, o derrotismoe parcialidade de persoas como vostede fan que gañe sempre o PP

2 unmenos

Patético BNG, a estas alturas aínda non entendeches o básico: o bipartito non caeu polo PSOE, si polo BNG perder apoios, en consecuencia non o fixo tan ben a xulgar polos que no seu día o votamos, pois desatendeu e ignorou aos propios votantes, deu prioridades a captar outros sectores que pasaron amplamente e menos soubo transmitir, sendo atacado pola prensa sistémica que tan ben seguiu (e segue) untando. Aínda non superastes a síndrome do bipartito, non entendestes que na esquerda hai unha masa crítica que non perdona non esquece desvíos de poder, logo tarde recupera redes posicións. Exactamente o vicio no que está caendo Podemos.