C's Galicia lamenta que O Courel "estea a desaparecer e ninguén faga nada para evitalo"

Di que "cada vez os servizos son peores".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2019 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

O cabeza de lista de C's ao Congreso dos Deputados pola provincia de Lugo, José Manuel Branco, denunciou o abandono que sofre O Courel tras a visita que realizou este domingo a Seoane e a Folgoso do Courel, onde estivo acompañado de afiliados e do número dous ao Congreso, Francisco Pintado, e o candidato ao Senado, Víctor González.

"No Courel cada vez somos menos habitantes porque moita xente tivo que irse de aquí pola falta de traballo e de oportunidades", lamentou Blanco, quen engadiu que O Courel está a desaparecer "e ninguén fai nada para evitalo".

Así, denunciou que para aqueles que continúan vivindo no Courel, "cada vez os servizos son peores". "Non hai médico de maneira continua, non hai autobuses que leven ás persoas de aquí a Lugo ou ao hospital. Os xubilados que viven aquí téñense que pagar taxis para poder saír da súa casa, cunha pensión que non lles chega a nada", afirmou, segundo recolle Cidadáns nun comunicado.

Así mesmo, o candidato de Cs criticou que o PP e o PSOE "énchense a boca falando de solucionar os problemas do rural, pero nos 40 anos que estiveron gobernando só obrigaron á xente do rural a marcharse".

Entre as medidas que propón cidadáns para "revitalizar o rural" atópanse a creación dun Plan Nacional contra o Despoboamento, unha rebaixa do 60% no IRPF para quen habiten en zona despobladas, unha cota de autónomos de 30 euros para as mulleres do rural, unha supresión do imposto de sucesións para as explotacións agrarias e non pagar a cota de autónomos dous anos se se ten fillos.

Ciudadanos critica o estado do Courel
Ciudadanos critica o estado do Courel | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

estes dous están por abrir máis louseiras no Courel e facer un Barco de Valdeorras II ? Traballan a comisión das Multinacionais Mineiras ? https://i.gal/gamela02

1 Coruñés

O que se necesitan son servizos básicos de calidade e a prezo razoable (internet, luz, auga), ademais dunhas infraestruturas dignas. Pero iso só para a capital, non vaia ser que as empresas decidan instalarse noutras CCAA