Brigadistas de Verdegaia eliminan acacias na comarca do Ribeiro

As brigadas deseucaliptizadoras que promove a asociación ecoloxista Verdegaia volverán este fin de semana a actuar na comarca do Ribeiro (Ourense) tras o "éxito" da última xornada de combate contra a mimosa (Acacia dealbata) que mobilizou a medio centenar de voluntarios o pasado 23 de febreiro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2019 | Actualizada ás 12:01

Comparte esta noticia

As brigadas deseucaliptizadoras que promove a asociación ecoloxista Verdegaia volverán este fin de semana a actuar na comarca do Ribeiro (Ourense) tras o "éxito" da última xornada de combate contra a mimosa (Acacia dealbata), que mobilizou medio cento de voluntarios o pasado 23 de febreiro.

Este sábado realizan unha nova intervención no monte comunal de Lentille (Cenlle), mentres que o domingo será no bosque de Ridimoas (Beade).

Os traballos realízanse en cada unha das vertentes do río Avia en colaboración coas entidades anfitrioas, a Asociación Veciñal de Lentille no primeiro caso, e a Asociación Ridimoas, no segundo.

Fff. VERDEGAIA
Fff. VERDEGAIA | Fonte: Europa Press

"Ambas as asociacións desenvolveron unha loita continua contra a expansión incontrolada da mimosa, unha especia exótica invasora pirófita e extremadamente difícil de erradicar", subliñou Verdegaia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta