Un incendio queima unha vivenda e afecta a outras dúas no Barco, pero non houbo feridos

Tamén resultou outra afectada en Sarria.

Por E.P. | OURENSE | 26/04/2019 | Actualizada ás 10:09

Comparte esta noticia

Unha vivenda no Barco de Valdeorras (Ourense) resultou completamente calcinada e outras dúas víronse afectadas por mor dun incendio que comezou nunha da vivenda afectadas, pero ninguén resultou ferido, pese a que unha das vivendas estaba ocupada no momento de producirse o lume.

Segundo informou o 112 Galicia, tivo coñecemento do suceso ás 5,00 horas a través da chamada de alerta dun veciño para pedir axuda para a extinción dun incendio que empezou no tellado dunha das casas situada a altura do número 26 da Rúa Termiñao da parroquia da Pobra.

Así, por parte do 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros de Valdeorras que acudiron ao lugar para traballar na completa extinción do lume. Ademais solicitouse a colaboración dos axentes da Garda Civil, dos membros do GES de Folgoso do Courel e Protección Civil de Petín e da localidade.

INCENDIO EN SARRIA

Por outra banda, un incendio declarado na tarde do xoves nun taller de Sarria (Lugo) provocou danos no seu interior, sen que ningunha persoa resultase afectada.

O lume, rexistrado á altura do número 11 da Estrada de Monforte sobre as 23,30 horas deste xoves, calcinou un compresor de aire e a porta de acceso. Ademais, viuse afectada unha bañeira exterior con restos de pezas e aceites.

O 112 Galicia tivo constancia do incendio a través da chamada da Garda Civil, tras recibir o aviso, por parte do 112 Galicia informouse da situación ao 061, aos axentes da Policía Local e Protección Civil da localidade.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta