Peixe para os máis pobres

O Club de Pesca Submarina Raspa colabora cunha "gran cantidade de peixe" coa Fundación Amigos de Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2019 | Actualizada ás 10:03

Comparte esta noticia

O Club de Pesca Submarina Raspa, de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), entregou unha "gran cantidade de peixe" á Fundación Amigos de Galicia para axudar a familias en risco de exclusión.

Así o informou a Fundación Amigos de Galicia, que explicou que o Club de Pesca Submarina Raspa celebrou este domingo 28 de abril a Clasificatorio zona sur de Galicia entre punta San Vicenzo a Punta Raeiros.

"A proba estivo marcada por un fin solidario e é que todo o peixe capturado foi entregado á Fundación Amigos de Galicia", destacou a entidade nun comunicado de prensa. A entidade repartirá toda esta recadación entre as familias en situación de risco de exclusión social que atende na comarca pontevedresa de Arousa, especialmente a aquelas que teñen menores a cargo.

Fundación Amigos de Galicia leva a cabo o Plan Integral de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social, que consiste, explica, "na cobertura das necesidades básicas das persoas carentes de recursos económicos da comarca", mediante a entrega de alimentos, vestimenta, produtos de hixiene, e outras necesidades básicas.

O Club de Pesca Submarina Raspa colabora cunha 'gran cantidade de peixe' coa Fundación Amigos de Galicia. FUNDACIÓN AMIGOS DE GALICIA
O Club de Pesca Submarina Raspa colabora cunha 'gran cantidade de peixe' coa Fundación Amigos de Galicia. FUNDACIÓN AMIGOS DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta