Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2019 | Actualizada ás 21:44
O Grupo Parlamentario de En Marea acordou pospor sen data a destitución de Luís Villares como portavoz na Cámara galega. A maioría de deputados (nove de 14) apoiaron a emisión dun comunicado no que apostan pola apertura dun "proceso de reflexión" sobre as portavocías na Cámara. Esta decisión foi tomada nunha reunión que se estendeu por máis dunha hora e que se celebrou ao termo da sesión plenaria deste martes.
Este acordo foi apoiado por nove dos 14 deputados de En Marea na Cámara, segundo recolle un comunicado emitido ao termo do encontro polo gabinete de comunicación do grupo, que precisa que o cinco deputados restantes "non quixeron participar na votación".
En declaracións aos medios, Luís Villares sinalou aos deputados de Podemos como responsables dunha reunión que "prexudica" ás mareas municipalistas ante a inminente cita coas urnas. Ademais, o maxistrado en excedencia asegurou que "o debate" sobre a portavocía no Hórreo debe darse no seo da organización de En Marea e non no grupo, que "non ten lexitimidade" para revogar ao portavoz. "Nin era o momento nin era o lugar", resolveu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.