Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2019 | Actualizada ás 13:59
A experiencia de Patrocinio Morrondo, catedrática da área de Sanidade Animal da Facultade de Veterinaria de Lugo, da Universidade de Santiago de Compostela, foi coñecida polos alumnos dun instituto de Vilalba a mañá deste venres no proxecto 'Nin +, nin -, Iguais' para loitar contra dos estereotipos de xénero no ámbito académico e laboral.
O obxectivo principal desta iniciativa, na que tamén formou parte a secretaria de Igualdade da Xunta, Susana López Abella, é reforzar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres para romper coas desigualdades de xénero e acabar coa crenza de que existen traballos "masculinos".
A traxectoria de Morrondo, que conta con máis de 120 publicacións en revistas, varios capítulos de libros e participou en diversos congresos científicos tanto internacionais como nacionais serve como exemplo de muller galega líder nun sector dominado por homes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.