O PP segue sen descartar a Vox como aliado nos concellos

Igual que Agustín Hernández, Paula Prado aposta por "esperar" ao resultado das eleccións "para valorar" pactos con Vox nos concellos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/05/2019 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

A viceportavoz do PP no Parlamento de Galicia, Paula Prado, apelou este luns a "esperar" a coñecer os resultados das eleccións municipais do próximo 26 de maio "para valorar" posibles pactos con Vox nos concellos da Comunidade. Unha opinión moi semellante a de Agustín Herández, candidato deste partido en Santiago, pero que difire da expresada por Feijóo o pasado xoves ao apuntar que el nunca se amosara partidario na campaña das xerais de falar con Vox.

Preguntada nunha rolda de prensa sobre se o seu partido está disposto a chegar a acordos co partido de Santiago Abascal de ser necesario para gobernar nos consistorios, Prado valorou que o PP ten como "obxectivo a curto prazo" gañar os comicios.

"Creo que as enquisas son as que saen das urnas o día 26 de maio, por tanto esperaremos a que se produza o resultado para valorar esa situación", explicou a deputada do PP, a catro días do inicio da campaña electoral para os comicios locais.

Ademais, a viceportavoz do PPdeG en do Horreo respondeu ao secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, quen este fin de semana criticou o "xiro ao centro" dado polo PP tras a caída sufrida nas eleccións xerais. "Creo que non é a persoa máis adecuada para dar leccións de cambio de criterio tendo en conta os xiros do PSOE nos últimos tempos", esgrimiu Prado.

Neste contexto, tamén considerou que os socialistas "deberían mirar cara a dentro" cos seus "pactos con independentistas, con Esquerra Republicana, Bildu e demais".

"ERROS DE ESTRATEXIA" NAS XERAIS

Así mesmo, a viceportavoz popular no Parlamento descartou que a súa formación cambiase o seu criterio, aínda que admitiu os "erros de estratexia" cometidos na campaña para as xerais e confirmados por distintas voces do partido a partir do 28A.

No entanto iso, Paula Prado apelou a que os resultados "non lles impida seguir" coa súa folla de ruta: "Sempre fomos un partido reformista e centrista, de centro dereita e seguiremos sendo".

O PPdeG denuncia a 'interpretación restritiva' do Goberno sobre a categoría de familia numerosa de tipo especial. PPDEG
O PPdeG denuncia a 'interpretación restritiva' do Goberno sobre a categoría de familia numerosa de tipo especial. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Cristiano Pelìn

Ben mal debe andar o PP para seguir as ocurrencias deste personaxe en polìtica municipal, despois do seu paso por Compostela. Grazas ao tinglado do aforamento sigue por aquí. E fala de Vox, como si ela fora outra cousa. Vaia alferga!

1 Gernika

Traducido: os franquistas e os nazis sempre xuntos, como no 1936... Espero que o BNG impida moitas distas aberracións. Co fascismo non se fala, combátese! Unión nacionalista galega XA!