Acordo entre Máis Galiza e irmandiños

As correntes Encontro Irmandiño, independentes e Máis Galiza pecharon este xoves un acordo para presentar unha candidatura encabezada por Xosé Manuel Beiras, candidato a portavoz nacional, e Carlos Aymerich, como aspirante á Presidencia da Xunta.

Por Galicia Confidencial | Composrtela | 19/01/2012 | Actualizada ás 17:22

Comparte esta noticia

Estas dúas grandes correntes apuntan nun comunicado conxunto que  “entendendo que neste proceso é máis o que nos une que o que nos separa”, decidiron impulsar unha candidatura “conxunta, inclusiva e aberta” a persoas e grupos políticos de base que apoien un “!novo proxecto común para a rexeneración e refundación do BNG”. 

None

 

Esta lista conxunta será liderada por Xosé Manuel Beiras, como candidato á Portavocía Nacional, e Carlos Aymerich, para a Presidencia da Xunta. Segundo fontes consultadas por GC, o que aínda non está prechado é a porcentaxe final das listas aínda que o resultado final podería aproximarse a un 60 a prol de Máis Galiza, que integraría tamén a xente vinculada a extinta Unidade Galega, quinanistas, Esquerda Nacionalista e Inzar, e un 40% para Encontro Irmandiño, que tamén daría entrada ao movemento de Teresa Táboas e ao PNG-PG.

 

Cuestións conflitivas

 

Outro dos puntos conflictivos das conversas dos últimos días foi a división do traballo dentro da Executiva se a lista é a gañadora da asemblea. Finalmente, e segundo estas fontes, a coordinación da Executiva podería recaer en mans de Máis Galiza, mentres que a de Organización sería para o Encontro Irmandiño. En todo caso, ambas as dúas correntes seguen discutindo polo miúdo estas cuestións.

 

Tanto EI coma Máis Galiza asumen como teses para o proceso asembleario do BNG o documento “Novo proxecto común, refundación e rexeneración do BNG” que ambas as dúas correntes pactaron a pasada semana e que estará aberto a a portes doutros colectivos independentes.

 

Por iso, fan un chamamento ao conxunto dos militantes a que participen masivamente na asemblea nacional dos vindeiros 28 e 29 de xaneiro para respaldar esta lista conxunta. “Somos conscientes da importancia do paso dado que resposta á demanda expresada por unha grande parte da base social do BNG e da súa contorna. Estamos convencidos de que esas demandas non se verán defraudadas”, suliñan no comunicado. 

 

Nos últimos días, varios dirixentes e militantes nacionalistas insistiran na necesidade de que as dúas correntes chegaran a un acordo conxunto para tentar de vencer á UPG nese congreso. É a primeira vez que se dá un acordo entre as grandes correntes do Bloque, independentes e pequenos partidos para loitar contra a UPG polo poder interno desta formación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 281 comentarios

76 Zascandil

O debuxante e humorista Xaquín Marín, houbo un tempo que utilizaba como frase recorrente aquela lema de VOTA LOBO, agora no transcurso da Asemblea podedes VOTAR POR CAPERUCITA, pero non se vos ocorra VOTAR polos ANANITOS.

1 Lobo

Oes Zascandil, eu non pido voto pra min, so digo que hai lobos que se disfrazan de cordeiros, pra chimparse a abuelita, e carapucheiriña nas verzas, prefiro os enanos traballadores da UPG.

2 Zascandil

Pero a cal dos ananos dis que votarás , a Tontín ou Gruñon, pois os cinco restante están inhabilitados.

3 Bakunin

A quen te refires aos que cambian de chaqueta tipo Bascuas que xa atrevesou varias corrientes e sò lle queda subir ao Kilimanjaro, a carapuchiña deputada pola Coruña que sempre rexeitou e insultou a Beiras da mán do mesias dos non adscritos. Porca miseria, e todo por tentar continuar pelexando por farangullas, son istes oas ananos aos que te refires? Porque son parte do circo do que estamos a disfrutar

75 nhlh

Sigo a dicir o mesmo: necesítanse máis partidos galeguistas. Non hai máis ca ler o comentario nº 73: "son INDEPENDENTISTA,MARXISTA..." Máis do mesmo. Máis desconexión coa realidade. Máis 9% dos votos para non pintar nada.

1 Brais

Eu tamén o penso. Ten que haber dous proxectos identificados e recoñeciveis, que por separado cubran todo o abano social que realmente existe (o de esquerda alternativa por un lado e o que posibilista polo outro), en lugar dunha mesturanza con propostas ambiguas e moitas veces contradictorias, que para manter equilibrios imposibeis acaban amosando un proxecto desdibuxado e en permanente crise de identidade. Eis creo que está a base da constante perda de apoios do BNG. Saúdos.

2 carlos

Concordo có Brais, a etapa "fronte" está esgotada. Dúas vias de saída e a traballar.

3 Jorge

É xusto así. Se queremos aproveitar todos os votos posibles para o nacionalismo, debemos saber que por un lado debemos ir os que pensamos que hai modos diferentes de facer política que os inspirados nos anos 70, e polo outro os que non só se inspiran en modelos anacrónicos, senón que se permiten o luxo de dicir que se non eres dos deles non eres ninguén. Non pasa nada, que cada proxecto presente en público, sen disfraces, o que quere, e os votos decidirán. É así de sinxelo

74 Comento

Parafraseando a famosa cita de Blade Runner: teño visto parvos e obtusos que os mortais nin sequera poderíades chegar a imaxinar. teño visto borregos repite consignas que irían a Orión evoltarían mil veces se llo pedise o seu amo, aló no trono. E teño coñecido a un home, que nin sequera os UPG poderíades imaxinar en criar nin en 100000000 de anos.o Beiras. ". Galiza libre de transxénicos e de repunantes de dereitas acomplexados, léase UPGallos.

1 saña

O estupido aparercera de improviso para botar a perder os teus plans, destruir a tua paz, complicarche a vida e o traballo, facerche perder cartos, tempo, bo humor, apetito, produtividade e todo iso sen malicia sen remorsos, e sen razon. Estupidamente (Carlo M. Cipolla. As leis fundamentais da estupidez humana) Non sei porque ben esta cita mais que acadia o sr,Beiras e os seus palmeros.

2 Xouba

Non, home non!! O estúpido, xa leva tempo botando a perder os planos no BNG,iso si, sen dar a cara e escondido detrás doutros. sábelo ben.

73 Cristian

Vergoña,como militante do BNG dame autentica vergoña ver estes comentarios, AUTÉNTICA VERGOÑA. Logo tamén me fai grazan os da UPG dicindo que se esta candidatura é autonomista, socialdemócrata.. BLA,BLA,BLA o roio de sempre vamos, equero recordarvos que o Encontro Irmandiño ten nas suas teses o marxismo e a meta final da INDEPENDENCIA !! E para pechar , dicirvos que eu son INDEPENDENTISTA,MARXISTA e non votarei a UPG, votarei a EI+GALIZA,eu si creo no cambio e tamén creo en abrirse a sociedade, o cal non é sinonimo de socialdemocracia ou antónimo de marxismo,pero si que é sinonimo de ''pseudomarxismo burocrático'' que práctica a UPG.

1 Cristian

*antonimo de ''pseudomarxismo burocrático''

72 Manuel P.

O problema do BNG é que existe un sector (UPG e MGS) que tachan de antigalegos, españolistas, capitalistas, e demais istas a todos os compañeiros de partido que pensan que estamos facendo as cousas mal e que levamos anos fuxindo e despreciando ao povo. Son persoas que van de puras e castas e logo na realidade moit@s deles non dan exemplo de nada e deixan bastante que desexar. Usan a dobre moral do mesmo xeito que a usan moit@s do PP que no seu momento non votaron a favor da autonomía, aborto ou divorcio,... e logo resulta que son quen máis uso fan deses dereitos. ¡Sonche así! Tentouse chegar a acordos de mil formas, facelos aló menos recoñecer que non se podía insultar aos galeg@s e ao día seguinte pedirlles o voto pero lamentablemente foi misión imposible. Din que o povo é quen máis ordena, o que é certo e logo cando nos situa como terceira forza política botanlle a culpa aos galeg@s.

1 Zarzuela_the very best of

Manuel P, concordo totalmente contigo. Mais, saben que o conto se está acabando, e que a militancia xa os coñece e vai pasando deles...E que é muito evidente o deses, a zarzuela máis groseira dos últimos 20 anos do nacionalismo galego...