Acordo entre Máis Galiza e irmandiños

As correntes Encontro Irmandiño, independentes e Máis Galiza pecharon este xoves un acordo para presentar unha candidatura encabezada por Xosé Manuel Beiras, candidato a portavoz nacional, e Carlos Aymerich, como aspirante á Presidencia da Xunta.

Por Galicia Confidencial | Composrtela | 19/01/2012 | Actualizada ás 17:22

Comparte esta noticia

Estas dúas grandes correntes apuntan nun comunicado conxunto que  “entendendo que neste proceso é máis o que nos une que o que nos separa”, decidiron impulsar unha candidatura “conxunta, inclusiva e aberta” a persoas e grupos políticos de base que apoien un “!novo proxecto común para a rexeneración e refundación do BNG”. 

None

 

Esta lista conxunta será liderada por Xosé Manuel Beiras, como candidato á Portavocía Nacional, e Carlos Aymerich, para a Presidencia da Xunta. Segundo fontes consultadas por GC, o que aínda non está prechado é a porcentaxe final das listas aínda que o resultado final podería aproximarse a un 60 a prol de Máis Galiza, que integraría tamén a xente vinculada a extinta Unidade Galega, quinanistas, Esquerda Nacionalista e Inzar, e un 40% para Encontro Irmandiño, que tamén daría entrada ao movemento de Teresa Táboas e ao PNG-PG.

 

Cuestións conflitivas

 

Outro dos puntos conflictivos das conversas dos últimos días foi a división do traballo dentro da Executiva se a lista é a gañadora da asemblea. Finalmente, e segundo estas fontes, a coordinación da Executiva podería recaer en mans de Máis Galiza, mentres que a de Organización sería para o Encontro Irmandiño. En todo caso, ambas as dúas correntes seguen discutindo polo miúdo estas cuestións.

 

Tanto EI coma Máis Galiza asumen como teses para o proceso asembleario do BNG o documento “Novo proxecto común, refundación e rexeneración do BNG” que ambas as dúas correntes pactaron a pasada semana e que estará aberto a a portes doutros colectivos independentes.

 

Por iso, fan un chamamento ao conxunto dos militantes a que participen masivamente na asemblea nacional dos vindeiros 28 e 29 de xaneiro para respaldar esta lista conxunta. “Somos conscientes da importancia do paso dado que resposta á demanda expresada por unha grande parte da base social do BNG e da súa contorna. Estamos convencidos de que esas demandas non se verán defraudadas”, suliñan no comunicado. 

 

Nos últimos días, varios dirixentes e militantes nacionalistas insistiran na necesidade de que as dúas correntes chegaran a un acordo conxunto para tentar de vencer á UPG nese congreso. É a primeira vez que se dá un acordo entre as grandes correntes do Bloque, independentes e pequenos partidos para loitar contra a UPG polo poder interno desta formación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 281 comentarios

71 Pancho López

Quen exclúe non merece estar. A arte será ser quen de concitar acordos. Moito me parece que, como non sexa así, moitos retirarémosnos aos cuarteis de inverno e mandaremos o BNG á porra, o que non quere dicir que nos pasemos aos outros. É lamentable que se unan contra a UPG e non contra o PP.

1 onemorecupofcoffe

Pero si o mellor aliado do pp e do soe é o queimanacionalismo da upg.

70 KIM JONG

Desta vai.Os da UPG: a Corea do Norte, rapaces. Con Paco Rodríguez no papel de Kim Il Sung.

69 Danzarina

A UPG está moi nerviosa. Pero que moi requetenerviosa. Dberon pactar a tempo, cando podían, pero a fachenda llelo impedeu.

1 Claro que si

Que siiiii.... A ver se polo menos despois do 30 deixades de dar a matraca

68 Bruar

Vaia record de comentarios. Había algo de razón cando no mes de Nadal lles dicía que non queimaran toda a pólvora, que esperaran un pouco... Parece que chegou o momento. Agora xa, desafoguen, pero tamén mediten un pouquiño. A batalla darase no cónclave, e será seguramente por escasa diferencia, pero marcará un antes e un despois. Quen lembra 1982? dos que aquí escriben, ben poucos. Pois agora estamos 2012. Trinta anos despois, a cita é decisiva. Saúde e Terra, e morra a Porca.

67 Xornalista

Pago mil euros ó contado por foto de Bautista tomando café co fillo de Cuiña. Dirixirse a El Jueves.

1 contado

Si mos vas dar a min para que teño que ir a El Jueves. Estaba tomando café con Paco que o invitou. Solta a pasta.

2 Xornalista 2

Quen pagou, Bautista, Paco ou Rafael Cuiña????? Diso depende o congreso do BNG. O café era cargado, americano (pronúnciese amerricano, que os comunistas sonche moi rrusos), con leite (en tal caso con nata ou desnatado, pois isto último suporía que igual estaba alí Ana Pontón, quen sempre quere manter a línea -firme-).

3 contado

Cargado e con leite, como lle gusta a Paco. Ana Pontón é un ser sen opinión propia, si fose ela tomaria o que Paco. Bautista meteríalle veterano, que como dicia o anuncio é cousa de homes, vamos imitación barata a un obreiro como toda a sua vida. Foi Paco e pagou Paco, xa non está para cargar con leite de gratis. Solta a pasta.