Por Valentin Carrera | Compostela | 20/01/2012
Patxi Vázquez e Guillerme Vázquez son os irmáns Hernández e Fernández: “Teñen un grandísimo sentido do deber pero a súa incrible inxenuidade xunto coa súa mala sorte lévalles a meter a pata continuamente”.
Reservemos ao capitán Haddock para o presidente Rajoy; todo axuda, a barba, os puros e a mirada torva que fulmina cunha caricia. Para o personaxe da diva Bianca Castafiore, teño dúbidas entre Corina Porro e Carmela Silva. Tampouco consigo saber quen sería Rastapoulos, “criminal e mafioso, con intereses no narcotráfico, produtor cinematográfico, propietario dunha compañía aérea baixo un falso nome e outros moitos negocios a nivel internacional, encóbrese baixo personalidades falsas para levar a cabo os seus infames plans”, pero algún galego ilustre haberá con semellante currículum.