Yolanda Díaz denuncia a "precarización" dos pilotos de emerxencias fronte a suba salarial de directivos

Lembrou que os pilotos, que realizan labores de salvamento marítimo e loita contra o lume en Galicia, denunciaron o seu convenio colectivo, pero "a multinacional está a presionar para empeorar as condicións laborais e precarizar aínda máis" a súa situación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2019 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

A deputada de En Común-Unidas Podemos, Yolanda Díaz, desprazouse este xoves para reunirse con membros da tripulación da base de incendios en Silleda (Pontevedra) --da empresa Babcok-- e denunciar a "precarización e baixada de salarios" dos pilotos de emerxencias.

Mentres, advertiu ante as portas da base, á que non puido acceder segundo --denuncia-- porque a Xunta "llo impediu", os directivos subíronse o seu salario "un 27 por cento". Fóra do recinto mantivo a reunión cos traballadores, que están en folga desde o pasado sábado para esixir melloras laborais e salariais.

"Estamos en Silleda solidarizándonos cos traballadores e denunciando a situación de precariedade dos pilotos que son contratados por días e por horas, unhas moi malas condicións para prestar servizos de alto risco", advertiu.

Así, lembrou que os pilotos, que realizan labores de salvamento marítimo e loita contra o lume en Galicia, denunciaron o seu convenio colectivo, pero "a multinacional está a presionar para empeorar as condicións laborais e precarizar aínda máis" a súa situación.

CO "CONSENTIMENTO" DA XUNTA

Yolanda Díaz recriminou que a empresa, con "o consentimento da Xunta, que non está a facer nada por defendelo", quere "baixar os salarios dos traballadores mentres as remuneracións do 'staff' aumentaron nun 27 por cento". "Un gobernante que defende ao seu país non podería permitilo", insistiu Yolanda Díaz, quen manifestou que un servizo público nestas condicións de precariedade "é deficitario".

Así mesmo, na súa intervención, tamén recriminou a "actitude autoritaria" da Xunta, que "obrigou a celebrar a reunión cos pilotos fose das dependencias públicas", porque o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, impediulles " a entrada", o que --dixo-- "mostra o carácter antidemocrático" do Executivo autonómico.

26M.-Yolanda Díaz Denuncia A 'Precarización' Dos Pilotos De Emerxencias Mentres Os Directivos 'Sóbense' O Soldo. EN COMÚN-UNIDAS PODEMOS
26M.-Yolanda Díaz Denuncia A 'Precarización' Dos Pilotos De Emerxencias Mentres Os Directivos 'Sóbense' O Soldo. EN COMÚN-UNIDAS PODEMOS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta