En calquera caso, teño a sensación de ter entrado nos últimos días nunha especie de túnel do tempo e que me trasladei varias décadas atrás. O problema de esta situación non é que ambalas dúas figuras incuestionabeis da politica galega en xeral e do nacionalismo en particular estexan caducas, o verdadeiro problema é que dentro do ámbito do BNG, as dúas siguen a ser as máis destacadas, o que pon en evidencia varios problemas dentro do nacionalismo galego.
En primeiro lugar, é preocupante que ningún figuras actuais do BNG teña máis importancia que Beiras ou Rodríguez cando estes deciden pasar a un primeiro plano.
En segundo lugar, e despois de trinta anos de existencia do BNG, o debate pivote arredor dos mesmos que o criaron, o que denota diante da sociedade que esta organización pouco ten evolucionado no plano politico e mesmo nos seus verdadeiros referentes públicos, poñendo ás claras unha debilidade que xa se viña constatando nos resultados electorais.
O aparato do BNG, controlado pola UPG amosa esgotamento pola falta de capacidade para manter unha armonía interna e a alternativa a estes amosan debilidade ao articular propostas co único obxectivo de quitar a quen hai, pero coa dúbida de si o seu entendimento será serio dabondo para xestionar o futuro sen fisuras.
outros partidos, teñense renovado con éxito, aínda que non sen problemas, pero o nacionalismo galego, referencial no pasado en ideas, renovación, representatividade, democracia interna, e outros valores que lle deron respeto, apoio social e éxito electoral, parece ter caído nun letargo perigoso.
O BNG, é hoxe en Galicia, a forza máis conservadora de facto, non no ideolóxico, e pase o que pase na Asamblea Nacional, moito deben cambiar as cousas para que os galegos volvan a confiar na forza destinada a defendelos.
A mensaxe que se está a trasladar á sociedade galega é de división interna con risco de quebra, que non hai referentes novos fiables, que hai unha volta ao pasado e que se sigue sin falar dos verdadeiros problemas que afectan aos cidadáns, con debates máis de poder interno e endogámicos que de verdadeiras propostas para os galegos e galegas que están a padecer a crise.