Por Galicia Confidencial | Ourense | 30/05/2019 | Actualizada ás 12:25
Baía Edicións presenta este venres na Feira do Libro de Ourense (Rúa do Paseo) dúas das súas últimas novidades editoriais; A Banda da Raimunda, de Pablo Nogueira e con ilustracijóns de Manuel Uhía, e Remedios da nosa horta medicinal, de María Frá Bagaria.
Pablo Nogueira Campo (O Carballiño, 1987) exerce de Mestre de Audición e Linguaxe. Nube Branca quere ser astronauta foi o seu primeiro conto editado. Os seus relatos están deseñados para tecer actividades de estimulación da linguaxe oral en galego a través de historias apaixonantes e entrañables, pensadas fundamentalmente para divertir a esgalla ás nenas e aos nenos.
Pola súa banda, Maria Frá leva anos percorrendo a xeografía galega na recollida dos saberes tradicionais relativos ao uso medicinal das plantas. O labor investigador e divulgador que desde 2014 ten realizado para diferentes asociacións e institucións do país está motivado polo reto de contribuír para a transmisión xeracional dos usos ancestrais das plantas medicinais do noso entorno. Actualmente vén de converter esta dedicación nun proxecto profesional, por medio de Devagar (devagar.eu).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.