Queres saber quen representará a Galicia no concurso "Que é un rei para ti?"

A alumna Marta Villar Rodríguez, de Castrelo de Miño, representará a Galicia ante o rei Felipe.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/06/2019 | Actualizada ás 14:48

Comparte esta noticia

A alumna Marta Villar Rodríguez, que cursa 3º de Primaria no colexio público de Castrelo de Miño (Ourense), foi a gañadora da 38º edición do concurso escolar 'Que é un rei para ti?', de maneira que será a representante de Galicia este ano ante don Felipe na audiencia privada que ofrecerá aos gañadores do certame.

A estudante poderá coñecer a Felipe V e mostrarlle o traballo co que gañou o concurso en Galicia: unha manualidade na que se representa ao rei como un "construtor de pontes", a semellanza daqueles que erixían no pasado os habitantes da cidade de Ourense para unir as diversas partes da cidade a ambas as beiras do río Miño.

O concurso, patrocinado pola Fundación Orange e promovido pola Fundación Institucional Española (FIES) ten como obxectivo "achegar aos alumnos de Primaria e Secundaria á figura do rei e a Monarquía en España".

A este evento acudiron a conselleira de Educación, Carmen Pomar; o representante da Fundación Institucional Española (FIES), Andrés Merino Thomas e representante institucional de Orange, Óscar Aragón Fernández, que entregaron os galardóns aos gañadores.

NOVIDADES

A novidade deste ano é que a rapazada participante poderá presentar os seus proxectos en formato analóxico (como ata agora) e tamén en formato dixital, debido á transformación tecnolóxica que está a experimentar a sociedade. Estes novos formatos dixitais son o storytelling (conto ou historia narrada), o vídeo musical, as infografías, proxectos ligados á robótica ou animación en 3D.

Así, preténdese impulsar a iniciativa e o espírito emprendedor dos novos concursantes, ao mesmo tempo que "se potencian competencias e habilidades necesarias nesta nova contorna dixital".

Unha alumna de Ourense gaña o concurso escolar Que é un rei para ti? converténdose na represententa de Galicia. BELÉN GARCÍA FERNÁNDEZ
Unha alumna de Ourense gaña o concurso escolar Que é un rei para ti? converténdose na represententa de Galicia. BELÉN GARCÍA FERNÁNDEZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Pertom

Vaia exercício de adoutrinamento nas escolas por parte dos nazionalistas de Torra. Que apliquem já o 155!

1 Lancha

Cuidado, Gamela --o poli bueno-- igual pide censura por facer comentarios que atenten contra a sagrada e modélica familia intocable e os supremos valores hispanos!