O futuro do sector espacial, a debae en Santiago

A capital galega acollerá o 27 de xuño o III Congreso Internacional Aeronáutico e Espacial de Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2019 | Actualizada ás 14:51

Comparte esta noticia

O Consorcio Aeronáutico Galego (CAG) organizará o III Congreso Internacional Aeronáutico e Espacial de Galicia (CIAG), que terá lugar o xoves 27 de xuño na Cidade da Cultura, situada en Santiago de Compostela.

Tal como explicou o CAG nun comunicado, o evento ten a finalidade de achegar coñecemento sobre o futuro esperado do sector, as oportunidades que ofrece o soporte a aeronaves en servizo, ou os proxectos que se están levando a cabo no ámbito das Civil UAV's, naves non tripuladas.

Así, o congreso contará coa participación de entidades como a Xunta de Galicia ou a Axencia Galega de Innovación, así como do ámbito universitario, tanto galego, coa presenza da Universidade da Coruña, como internacional, coa Universidade Autónoma Aeronáutica de Querétaro (México).

Ademais, estarán presentes representantes de empresas TIER 1 (que realizan un papel importante en cadeas de subministración complexas) da industria aeronáutica, como Indra Babcock Internacional e S4A Solutions For Aviation. Tamén outras entidades análogas ao Consorcio acudirán á devandita cita, como é o Aerocluster de Querétaro (México) e a Empresa Nacional de Aeronáutica de Chile.

Entre outros, o III CIAG contará coa asistencia do fabricante mundial e de Equipos Orixinais (OEM, polas súas siglas en inglés) Boeing.

Esquema da proba da tecnoloxía aeroespacial da Universidade de Vigo
Esquema da proba da tecnoloxía aeroespacial da Universidade de Vigo | Fonte: DUVI.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta