O reitor da USC non cre na "selectividade única" como unha solución "equitativa e idónea"

"Se o 60% da nota segue dependendo do Bacharelato xa existe un elemento de diferenciación entre uns estudantes e outros. E ademais, se se fai unha proba única e esta é corrixida por xente diferente, os resultados poden seguir variando", comenta Antonio López.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2019 | Actualizada ás 14:16

Comparte esta noticia

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López, asegurou que non considera que a posibilidade dun exame de Selectividade "único" para todas as Comunidades sexa a solución "máis equitativa e idónea".

Con motivo da recente realización da Selectividade, o reitor expresou este mércores a súa opinión ao ser preguntado nunha rolda de prensa sobre a oferta de graos e másteres para o curso 2019-2020.

Para el, esta posibilidade implica "unha reflexión serena e repousada", xa que "a primeira idea que vén á mente" deixa "dous flancos abertos": "Se o 60% da nota segue dependendo do Bacharelato xa existe un elemento de diferenciación entre uns estudantes e outros. E ademais, se se fai unha proba única e esta é corrixida por xente diferente, os resultados poden seguir variando".

Do mesmo xeito, López considerou que "outra posibilidade", como sería "unha proba única tipo test, desprezando por completo a nota do Bacharelato", tampouco suporía "a opción máis equitativa e idónea para todos". "Temos que analizar a relación entre as notas de Bacharelato e as de Selectividade e comparalas tamén entre comunidades autónomas", reflexionou o reitor.

Alumnos en selectividade. EUROPA PRESS
Alumnos en selectividade. EUROPA PRESS | Fonte: UCLM - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta