Empresarios galegos pídenlle a PP e C's que se absteñan na investidura de Sánchez para darlle "estabilidade" a España

Advirten que pactar con partidos "non constitucionalitas" podería "pór en risco" os avances conseguidos en España en relación á democracia, así como "a unidade do Estado".

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 20/06/2019 | Actualizada ás 12:03

Comparte esta noticia

O Círculo de Empresarios de Galicia instou aos partidos constitucionalistas subscribir pactos de lexislatura ou a facilitar a conformación dun goberno dirixido polo partido máis votado nas eleccións xerais, o PSOE, para alcanzar unha "estabilidade" en España que permita un "maior crecemento económico".

Nun comunicado, propuxo ao PP e a Ciudadanos que, polo menos, "se absteñan na investidura" do PSOE debido aos seus resultados electorais e chamounos a facilitar "a posta en marcha de medidas lexislativas e de goberno" que poidan "satisfacer" as demandas dos seus electores.

Neste sentido, incidiu na importancia de alcanzar acordos de gobernabilidade e avogou por levar a cabo negociacións relacionadas con políticas económicas, territoriais, exteriores e educativas. Ademais, afirmou que un clima de "tranquilidade" levará un crecemento económico, xerará emprego e garantirá o benestar social.

Así mesmo, advertiu de que un pacto alcanzado con partidos non constitucionalistas "xeraría desconfianza nos mercados internacionais" e podería "pór en risco" os avances conseguidos en España en relación á democracia, así como "a unidade do Estado".

A presidenta do Círculo de Empresarios de Galicia, Patricia García, resaltou tamén que esta lexislatura é unha "oportunidade histórica" para "preparar ao país para os próximos 20 ou 30 anos" e adecuar a Constitución Española a "os cambios socioeconómicos que se sucederon nas últimas décadas".

O presidente da Xunta en Vigo con empresarios.
O presidente da Xunta en Vigo con empresarios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta