Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2019 | Actualizada ás 14:07
A reunión deste venres para continuar as negociacións sobre a venda das plantas de Alcoa na Coruña e Avilés foi cancelada coa previsión de que as conversacións se retomen o luns ás 16,00 horas. Ao termo do encontro celebrado na tarde do xoves, con presenza do Ministerio de Industria, dos Gobernos da Xunta e do Principado e do comité de empresa, as partes asumiron que a de Parter é a única opción sobre a mesa.
En calquera caso, a Xunta insistiu na necesidade de que haxa un prezo da enerxía estable para garantir o emprego e a actividade industrial máis aló dos próximos dous anos. Pola súa banda, o comité mostrouse cauteloso tendo en conta que a empresa "quería que a representación dos traballadores validase a venda" e avanzou que a negociación proseguiría este venres para tratar de avanzar sobre este extremo.
E é que os representantes dos traballadores rexeitan "prexudicarse a futuro" e por iso, xa que "a empresa está pechada en banda con ese preacordo que ten con Parter", pídenlle ser "flexibles e buscar o entendemento".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.