Eduardo S. Maragoto, presidente da AGAL: "Apostamos polo binormativismo, que se ensinen as dúas normas do galego"

O presidente da Associaçom Galega da Lingua ve no nomeamento de Carvalho Calero unha grande oportunidade para o achegamento de posturas entre reintegracionismo e a normativa oficial do galego. Considera que a sociedade galega madurou grandemente e considera que as ideas e conceptos irán sumando esforzos paulatinamente.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2019 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

-Cal é o ánimo dentro da AGAL logo de saberse que Ricardo Carvalho Calero será o homenaxeado nas Letras Galegas de 2020?

Ricardo Carvalho Calero
Ricardo Carvalho Calero | Fonte: Arquivo RAG

Pois como pode imaxinar moita xente, cunha inmensa alegría. Xa eran moitos anos esperando e reivindicando a figura de Carvalho Calero, ás veces case desfalecendo, porque houbo anos que xa pensabamos que nunca acontecería. É un duplo reconforto, por ter acontecido e xa pensabamos en que non ocorrería, vemos con satisfacción a madurez da sociedade galega e do movemento cultural galego nos últimos anos. Isto é un indicio que a cultura galega está madurando moi depresa.

-En que sentido?
Pois por estar revisitando vellas cuestións e debates interesantes para a cultura galega. Interesantes polo feito de se prolongaren máis de dous séculos. Houbo un momento, entre finais dos 70 e comezos dos 80 do século XX en que se distanciaron as diferentes maneiras de ver a relación do galego co espazo lusófono. Por unha banda a visión que quería acentuar Carvalho e a que quería acentuar a visión independente do galego. Esas dúas posturas radicalizáronse con décadas sen aproximación.

-Segue ese afastamento entre as dúas visións?
A ver, desde hai un lustro sentimos que iso está a mudar. Sobre todo coa universalización da Internet. Isto facilitou o acceso a textos portugueses da xente desde Galicia. Antes falabamos de que o galego e o portugués eran a mesma lingua e non había maneira de verificalo, porque ou non leran en portugués ou lérao moi poucas veces. Agora si hai acceso aos textos portugueses. Logo esta que cada quen pode manter posicións diferentes, con todo, cada vez vai haber máis coñecemento dunha banda por parte da outra, haberá máis diálogo e máis vontade de aproveitar todas as posturas en beneficio do galego e da propia Galicia.

 Xa eran moitos anos esperando e reivindicando a figura de Carvalho Calero, ás veces case desfalecendo, porque houbo anos que xa pensabamos que nunca acontecería

Ricardo Carvalho Calero
Ricardo Carvalho Calero | Fonte: Artabra Dixital

-Cal foi o motivo polo que se radicalizaron as dúas visións sobre o galego, por que esas décadas de separación entre dúas posturas?
Aí a cuestión nace en 1971 cando se funda o Instituto da Lingua Galega (ILG), que liderou Constantino García. Daquela había unha visión populista dentro dalgúns sectores políticos en relación ás linguas, como debían ser normativizadads as linguas minoritarias. Ese sector arredor do ILG, comezou a promover unha codificación do galego próxima non tanto coa súa historia literaria e non tanto coa súa unidade histórica con outros territorios onde se falaba galego portugués. O que si fixeron foi centrarse no estudo dos dialectos ou diferentes falas galegas. Este grupo de persoas entenderon que a partir dos estudos sobre os dialectos era posible crear unha lingua independente do galego-portugués, que ata aquel momento se consideraba o seu ámbito natural. Ao mesmo tempo, en 1973 nace a proposta de Rodríguez Lapa que avoga por afirmar a indentidade do galego dentro do espazo da lusofonía. Esa proposta foi seguida inmediatamente por Martiño Montero e Ricardo Carvalho Calero desde 1975. Por tanto, iso que se di ás veces que Carvalho Calero adheriu a esa postura nos últimos anos da súa vida, penso que é un pouco deshonesto. Carvalho participou nese debate desde o comezo e pódese considerar un dos fundadores do debate.

-Mais ese debate viña de lonxe?
Houbo persoas como Carvalho Calero que formularon teses achegadas á lusofonía. O caso é que en 1981 fundouse a Associaçom Galega da Lingua, AGAL. Aí xa se codificou e se escribiu unha normativa para poder defender publicamente esa postura. Mais isto xa viña desde Murguía, quen foi o primeiro en dicir que esa debera ser a orientación. Logo tamén había autores máis populistas. Resumindo, a radicalización nace coa codificación das dúas posturas para defender cada unha das filosofías.

-Mais debeu haber un momento en que as posturas pasaron a ser moi discordantes.
Si, cando se prevía que o galego pasase ao ensino. Para ensinalo precisábase unha normativa, e aí estaban as dúas nucleadas, unha arredor de Carvalho Calero e outra arredor de Constantino García. Ao final a Real Academia Galega (RAG), a pesar de que Carvalho significaba en termos lingüísticos todo para a RAG ata os 70, finalmente faille caso ao ILG, aceptando que o galego é unha lingua independente do portugués.

 Carvalho participou no debate do reintegracionismo desde o comezo e pódese considerar un dos fundadores dese debate.

-Reformular a codificación do galego é posible?
Véxoo complicado, máis que naquel momento, pois se en 1982 triunfase a postura de Carvalho Calero triunfase sería distinto. Entre o ano 1980 e 1982 chegaron á función pública e ao ensino unhas normas tendentes ao reintegracionismo, mais usando a escrita do castellano, mais achegadas a integrarse na lusofonía. Pois se ese camiño se tomase naquel momento, hoxe mesmo sería complicado voltar para atrás. Todo o mundo asumiría sen problema a unidade do galego e portugués, a supervivencia do galego e a proxección comunicativa dos galegos. Entón, se daquela pasase iso, penso que non habería problema. Hoxe en día, a norma ILG ten anos, con moitos apoios, aínda que o reintegracionismo ten apoios motivados, é complicado a reforma.

-Cal é entón a proposta desde AGAL?
Propomos a opción do binormativismo. Entendemos que coñecer, polo menos de forma pasiva, dúas normas para o galego, aínda que logo cada quen pode usar a que quixese, sería positivo para os galegos.  Nun caso reforzaría a identidade que creou a norma ILG sobre as falas vivas en Galicia. Por outra parte estaría o reforzo comunicativo dos galegos dentro da lusofonía.

-Ese binormativismo provocaría o mesmo rexeitamento que provocou no seu momento a introdución do galego no ensino?
Non, creo que non. Calquera proposta nova pode crear un rexeitamento inicial que provoque o descoñecemento da proposta. Mais se a proposta fose consensuada, que é o noso obxectivo, por todos os sectores, coa paciencia que fose preciso, podería ser apresentada aos galegos e galegas como algo moi axeitado aos seus intereses, pois en ningún caso perdería nada. O que está feito seguría a facerse, e por outra parte introduciríase unha lingua internacional no ensino que é o portugués para o que fai falta desenvolver a lei Paz Andrade. Verían que hai un incremento da súa capacidade lingüística e aumentarían tamén as súas posibilidades dentro do mercado laboral. Esa base serviría para usar unha ou outra ortografía.

Todo o mundo asumiría sen problema a unidade do galego e portugués, a supervivencia do galego e a proxección comunicativa dos galegos.

-Cres que a postura mantida ata hai pouco co reitegracionismo foi unha persecución?

Non, non creo que fose tal. Eu aquí distinguría o problema de Carvalho Calero e o do reintegracionismo. O útimo perdeu unha batalla entre finais dos 70 e comezos dos 80, unha batalla cultural e que debe ser vista neses termos. Mais nalgúns casos, como Carvalho Calero, houbo un ostracismo promovido pola administración e as principais institucións culturais que penso que esas mesmas institucións poden recoñecer. Carvalho Calero pasou de ser todo, a principal figura filolóxica, lingüística e historiador da literatura para Galaxia ou a RAG, a ser completamente arrelegado. Os dez ou quince últimos anos da súa vida tivo que pasalos moi mal, mesmo houbo xente que lle deixou de falar. A súa única casa foi o reitegracionismo que non era o hexemónico. As guerras culturais teñen gañadores e perdedores, mais as cuestións deben resolverse segundo os parámetros actuais e non indo a esas historias.

-Este nomeamento de Carvalho dará froitos nun futuro próximo?
Sen dúbida, mais tamén penso que non faría falta, pois creo que as cousas van indo pouco a pouco. Non se pode facer unha abordaxe unicamente galega da cuestión. Penso que para este tipo de cousas é preciso mirar para o mundo, ver a situación en que están as linguas que non son faladas en estados, a situación das linguas estatais faladas nun só estado e as que se falan en moitos estados. O galego-portugués, entedemos nós, é unha das que se fala en moitos estados. É probable que só esas linguas máis extendidas, sexan as que teñan a capacidade de manter a condición de linguas comunicativas. Nós non temos dúbidas sobre que, cedo ou tarde o galego vai agarrar este barco. Vaino facer sen perder particularidades, gañando. Iso o mundo político, o mundo cultural foino vendo. O nomeamento de Carvalho Calero non aparece só, aparece a Lei Paz Andrade, a última viaxe de académicos da RAG a Brasil ou as relacións co Instituto Camões. A partir deste momento, tanto o mundo político como cultural está mudando. Só temos que esperar. Obviamente o reintegracionismo pensa que canto antes se dean pasos, antes teremos cambios para a normalización. E ninguén vai gañar esta cuestión, vai ser a sociedade galega en conxunto, a que discuta o seu futuro en termos lingüísticos.

Con Carvalho Calero, houbo un ostracismo promovido pola administración e as principais institucións culturais que penso que esas mesmas institucións poden recoñecer.

-Foi a Internet a grande aliada do reintegracionismo e de que se coñecese a cuestión lingüística galega?
Si, sen dúbida. Internet foi un grande salto nas relacións comunicativas entre os países do mundo. A medida que se reducen as distancias entre as culturas, o reintegracionismo gaña máis espazo. É ademais un salto persoal. Cando comecei con isto nos anos 90, eramos todos coñecidos, eramos un grupo pequeño. Hoxe en día hai un resuxir nas redes sociais, multiplicouse exponencialmente o uso do reintegrado, e non o digo  por propaganda, é que hai un incremento no seu uso.

Eduardo Sanches Maragoto, presidente da AGAL
Eduardo Sanches Maragoto, presidente da AGAL | Fonte: Arquivo Galicia Confidencial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 47 comentarios

18 uu1

Que faz uma pessoa escrevendo em castelhano comentando uma nova sobre uma proposta da Bi Normativa para o idioma galego? Se você nunca usará a nossa língua, você tem garantido todos os direitos e pode usar e dispor de todos os recursos no castelhano...como fazemos todos os galegos. O que não é possível é dispor desses recursos no idioma galego (a pesares de ser oficial). Deixei que o futuro do idioma galego o decidam as pessoas que o usam. Eu uso o inglês mas não se me passa pela cabeça que eu decida ou opine sobre o futuro do inglês.

17 nostrus

¿Considerais que un andaluz debe bailar sevillanas?, ¿considerais que un Navarro debe correr los Sanfermines delante de un toro?, ¿considerais que un gallego ha de saber tocar la gaita?. Explicazme porque narices un gallego ha de usar el gallego si no le apetece. Imaginais que el nacionalismo español (tan rancio como el gallego) se hubiera fanatizado con la peseta y no hubiera tolerado la implantacion del euro alegando motivos identitarios. Si no se llegó a esos extremos es porque le nacionalismo español o bien no existe o es mas democrático y racional que el nacionalismo gallego.

16 Catuxa Seoane

Nostrus, es un cutre trol de GaliciaBilingüe. O teu mantra é "libertá" pra rematar co galego e dilo en galego pra que non se che note a túa militante teima patolóxica contra a miña lingua. As túas patéticas defensas da lingua imperial española son dignas da FAES pero con menos calidade léxica (o que non ten moito mérito, os gallegos da FAES falan galego "frijol"...). Agora que ven o vrao descansa un pouco no teu piso de San Ginés...

1 nostrus

Para nada estoy en contra del gallego, lengua propia mia que aprendi de mis padres gallegohablantes y que yo uso a diario, pero estoy en contra de su imposicion cuando sea innecesaria o por motivos identitarios y maniáticos y su uso lo dejo al libre alvedrio de los gallegos, igual que el conocimiento del catecismo, la destreza de la gaita o el saber conducir un autobus. La politica impositiva por parte del sector nacionalista se convierte en el principal enemigo del gallego. La lengua se ha de promocionar de modo que resulte atractiva y no por medidas coactivas innecesarias.

15 Pinheyro

Ós portugueses Galiza impórtalles pouco ou nada. Vou moito polo norte e sempre me tratan como a un español aínda que sempre falo en galego. Eles veña a falarme en portuñol e do Madrid e o Barcelona. Os libros de historia de Portugal que teño ignoran sistematicamente a Galiza (o mesmo que os españois...). Con veciños así quitanselle a un as gañas de escreber en portugués, como moito usar unha normativa intermedia entre a da RAG e a da AGAL. Pero é que nen os da AGAL se aclaran sobre a normativa a empregar (eles usan dúas e piden a binormatividade coa da RAG: 2+1=3...). Agora só falta que a RAE propoña outra e xa poderemos ter unha normativa para os pepeiros, os bloqueiros, os podemeiros e os mareantes...

1 Mugueimes

Igual o senhor não sabe, mas é espanhol, muito espanhol, tanto na mentalidade como no sotaque da fala... Pensa que vai vestido e apresenta-se quase pelado pelo mundo ou com um pobre intento de disfarçar. Certo, os portugueses não se importam pelos galegos, nem os galegos pelos portugueses, e mesmo na Galiza falam mais do Madrid e do Barcelona que do Real Club Celta de Vigo ou do Real Club Deportivo de La Coruña (sic), e acreditam muito nos ditados do Marca e do Carrusel Deportivo de La Ser. A próxima vez que fale dos outros, antes olhe as próprias vergonhas diante do espelho!

2 uu1

Não estou muito seguro de qual é o problema. Estamos falando de aproveitar as variedades do galego-português (a brasileira representa mais do 75%) para aceder aos contidos que não estão e não estarão na norma RAG (filmes, documentais, livros, revistas). No Brasil eu comentei que era muito mais fácil entender aos brasileiros que aos portugueses (padrão Lisboa), e um brasileiro respostou “os portugueses não sabem falar português”. Esta é uma brincadeira entre um português e um brasileiro. https://www.youtube.com/watch?v=_oY...

3 nostrus

Dejaos todos de lerias y de hacer brindis al sol, poned los pies en la tierra y reflexionad apostando por la realidad. En Galicia tenemos dos lenguas propias y oficiales para que cada uno las use en la dosis que le de la gana; esa es la verdadera realidad y la verdadera identidead. Tenemos una lengua que nos hace universales, nos comunica con medio mundo y representa el mayor patrimonio inmaterial que tenemos todos los gallegos y luego tenemos otra lengua para consumo interno, que nos hace diferentes y únicos. No existe en ningun lugar del Universo una Galicia monolingüe en la que solo se hable gallego y la unica Galicia existente es una Galicia en la que existen dos lenguas.

4 uu1

Na Galiza temos uma língua própria, a língua galega (de seguro que você cumpre as leis, entre as quais está o estatuto de autonomia) que nos permite comunicarmos com 250 milhões de pessoas que falam as diferentes variedades do galego-português. Ademais todos os galegos falamos a língua do estado (o castelhano, de acordo com a constituição) que nos permite comunicarmos com 550 milhões das diferentes variedades. E muitos galegos também falamos o inglês que é a única língua global que nos permite comunicarmos em todo o mundo (e os falantes de galego tenhem uma moi boa avantaja para falar bem o inglês). Eu estivem na França, na Itália, na Holanda, na Noruega, no Reino Unido, em Singapore, na Rússia, na China e falei... inglês, e no Brasil (onde falei galego, pero poder-me-ia defender falando inglês) e o único que lamento e não falar francês, italiano, holandês, norueguês, russo ou chinês.

5 nostrus

uu1. Non metas no mesmo saco ao galego e ao portugues, inda que recoñezo que o galego axúdanos un chisco no mundo lusófono. O concepto de "lingua propia" é un concepto tan valeiro de contido como o de lingua sagrada xa que o termo realmente importante é o de "lingua oficial" que para nada obedece a orixe das linguas, sinon a "realidade lingüistica social dun territorio". Respeto o voso xeito de rezarlle ao galego como respeto a quen lle reza a Cristo, pero a min non me obligaredes a rezarlle a nada. Para ser bon galego abonda con ser boa persona e a aportacion que cada un faga coa cultura deberá ser siempre de xeito vontario.

6 Sentidiño

Eu respeito o teu dereito á idiocia.

7 nostrus

Sentidiño, pero eu non respeto a tua intolerancia e fanatismo.

8 uu1

Pois parece-me que Nostrus desconhece a constituição que diz “As OUTRAS LINGUAS espanholas SERÁN também OFICIAIS nas respecti¬vas comunidades autónomas de acordo cos seus estatutos. A riqueza das DISTINTAS modalidades linguísticas de Espanha é um patrimônio cultural que será objeto de especial RESPECTO e PROTECCION.” e o estatuto “A língua PROPIA de Galiza é o galego. Os idiomas GALEGO e castelhano são OFICIAIS em Galiza e todos tenhen o DRIREITO de os conhecer e de os usar. Os PODERES PÚBLICOS de Galiza GARANTIRÁN O USO NORMAL e OFICIAL dos DOUS Idiomas e POTENCIARÁN o emprego do GALEGO...” Eu reclamo que se cumpra a lei e o galego seja OFICIAL de verdade (que não tenha que mudar de idioma para dirigir-me a qualquer administração, escolher um canal de TV ou ter os letreiros na língua da Galiza)

9 Sentidiño

nostrus, pídoche desculpas. Non debín escribir iso. Discrepo absolutamente de todo o que expós, pero non debín ser tan desconsiderada.

14 Sentidiño

Divide et impera.

1 uu1

Eu pensava o mesmo que você, dividir e venceras, galego e português semelhante mas não o mesmo, grafia estranha ... até que eu estive no Brasil e parafraseando a Castelao "vi nossa lingua em liberdade". BINORMATIVA e a procurar vídeos em Português do Brasil e compará-los com os áudios gravados pela ILG e o que ouvimos hoje como galego culto (com sotaque-acento perfeito de Valladolid), e que cada um decida sem imposições