Líder sen tropa

-«Cuentan de Alejandro (Magno) que una vez se metió en un río tumultuoso de la India, todo con barro, persiguiendo al ejército que peleaba con él, y que cuando iban en la mitad, los caballos perdieron pie, aquellas aguas estaban heladas, y se volvió a sus compañeros y les dijo: me cago en la leche, os dais cuenta de las cosas que tengo que hacer para que me tengáis respeto?». Antonio Escohotado.

Por Antón Tenreiro | Oleiros | 27/02/2012

Comparte esta noticia
A cita de Escohotado, empregada tamén por Calamaro nunha das súas cancións, ven ao caso polo anuncio de Carlos Aymerich de permanecer no BNG aínda que o grupo que lidera, +Galiza, decida asambleariamente o contrario. O que chama a atención desas declaracións, non é o que pensa facer, nin siquera que o faga, senon que previamente ao conclave do seu grupo, o seu lider anuncie que lle da igual o que ali se decida tentando condicionar desde a súa posición as decisións que democraticamente alí se tomen.
 
Estas manifestacións previas a ese conclave tan importante, crean unha sensación de falta de respeto politico a aquelas persoas que o escolleron como lider, sospeitas sobre si se debe máis a intereses defendidos por outro grupo e mesmo dubidas sobre a verdadeira capacidade de liderar un proxecto cando ao que se contribue é a dividilo.
 
A un ocurreselle si non sería millor manifestarse internamente e agardar as decisións de +G para declarar as súas intencións personais no día despois, mesmo abandonar esa forza si se está disconforme co aprobado. Cecais fora millor ter declarado publicamente que se asumiria o decidido pola maioría dos seus compañeiros nesa asamblea para reforzar a unidade de acción e mesmo un liderazgo hoxe bastante cuestionado.
 
Personalmente faime gracia que despois de un fracaso electoral, as responsabilidades se asuman "poñendo o cargo a disposición da dirección", pero que nunca se faga dimitindo sen mais e irrebocablemente, que se sigan a manter cargos de responsabilidade pública ou interna e mesmo que se empreguen estes tentando exercer un peso co que xa non se conta.
 
Hai casi dous anos, cando me din de baixa, eu manifestei que o BNG tiña escollido o camiño equivocado, e mesmo vin que Máis Galiza se tiña convertido en unha plataforma para maior gloria de Aymerich no seu camiño á candidatura da Xunta de Galicia, algo completamente lexitimo, pero que resultou un fracaso. O que foi no seu momento un proxecto ilusionante de cambio na fronte nacionalista, convertiuse nunha mini fronte de siglas, outra sopa de letras de pequenos partidos e intereses reproducindose moitos vicios do propio BNG.
 
Hoxe, grande parte da militancia do BNG está demostrando que non se somete aos intereses dos seus lideres nin ao seu criterio, que existe un cerebro colectivo que non comulga con politicas nin actitudes fracasadas no interno e no público, e que se precisan mudar os instrumentos de acción politica, militancia que cuestiona o inmobilismo, e mesmo a falta de democracia disfrazada de frontismo. 
 
Hoxe, coa pasada asamblea perdida, cos Irmandiños escindidos e coa maioría das bases de +G querendo tamén abandonar o BNG, o seu lider representa so a unha figura derrotada e sen representatividade real entre os seus, que só pode interesar á forza maioritaria do BNG para tentar salvar unha parte dun barco que se afunde. A UPG sabe da debilidade publica e interna do seu interlocutor de +G, pero está disposta a ofrecer contrapartidas de representatividade e postos para contentar a unha serie de persoeiros e intereses nunha alianza na que xa ninguén cree.
 
Non sería o máis normal que o capitan fora o último en abandonar o seu barco en lugar de anunciar previamente que se vai independentemente do que pase? Non sería o máis normal tamén que aqueles que levaron ao seu exercito a unha derrota renunciaran ao mando das súas tropas?... no BNG iso non ten pasado (agás co Quintana) e por iso está neste proceso. Aymerich ten razón cando dí que "eu non me vou, a min hai que botarme" por iso debe seguir no BNG, e si acaso, afundirse con él, so que os que o defenderon en +G sentiranse, en moitos casos traicionado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Antón Tenreiro Concelleiro en Oleiros entre 1999 e 2007 (Membro do goberno entre 2003 e 2006). Entre 2007 e 2009 foi asesor de Vicepresidencia no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Abandona o BNG en xullo de 2010. O seu blog blog