A Garda Civil busca a embarcación que golpeou mortalmente a un mergullador en Portonovo e se deu á fuga

O falecido practicaba pesca submarina na zona de Punta Cabicastro xunto cun compañeiro e entrou en parada cardiorrespiratoria tras ser alcanzado por unha embarcación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2019 | Actualizada ás 18:16

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Pontevedra abriu unha investigación para dar coa embarcación que se deu á fuga na tarde deste luns tras alcanzar e dar un golpe mortal a un mergullador que practicaba pesca submarina en Portonovo, no municipio de Sanxenxo.

Segundo informa o CIAE 112 Galicia, a central de emerxencias recibiu ás 18,00 horas dous avisos ao mesmo tempo sobre diferentes incidencias rexistradas con mergulladores na parroquia de Portonovo.

O falecido practicaba pesca submarina na zona de Punta Cabicastro xunto cun compañeiro e entrou en parada cardiorrespiratoria tras ser alcanzado por unha embarcación. Á súa chegada á zona, os servizos de Urxencias Sanitarias 061 unicamente puideron certificar a morte do mergullador.

Un día máis tarde, a Garda Civil continúa na procura da lancha e o seu titular, que se deu á fuga e continúa en paradoiro descoñecido despois de provocar a morte do mergullador.

Outro dos incidentes rexistrados na tarde do luns tivo que ver cun submarinista que resultou ferido cun arpón. Con todo, logrou saír da auga polos seus propios medios e mesmo rexeitou ser evacuado en ambulancia para desprazarse el mesmo ata o Punto de Atención Continuada da cidade.

Praia de Sanxenxo (Pontevedra). EUROPA PRESS - Arquivo
Praia de Sanxenxo (Pontevedra). EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta