Buscan en A Rúa (Ourense) un home de 69 anos, interno dunha residencia de terceira idade

Cástor Noche García saíu ás 15,00 horas deste sábado do centro e non regresou.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 07/07/2019 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

A Garda Civil iniciou a procura de Cástor Noche García, un home de 69 anos de idade, interno da residencia de terceira idade Nosa Señora Fátima de A Rúa, que está desaparecido desde este sábado.

O home saíra ás 15,00 horas do centro e non regresou. A denuncia foi presentada ás 01,00 horas deste domingo.

Segundo precisa a Garda Civil, ten problemas de alcoholismo e está incapacitado xudicialmente por sentenza. Está tutelado pola Xunta, pola Fundación pública galega para a tutela de persoas adultas.

Home desaparecido na Rúa.. GARDA CIVIL - Arquivo
Home desaparecido na Rúa.. GARDA CIVIL - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta