Aumentan preocupantemente os varamentos de cetáceos en Galicia

A media é dun cetáceo varado cada día este ano, segundo datos da CEMMA. Os casos cuadruplicáronse respecto a 2015.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 16/07/2019 | Actualizada ás 18:02

Comparte esta noticia

Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) alerta dun preocupante aumento no ritmo de varamentos de cetáceos que se producen na costa galega: "O total de cetáceos atendidos no primeiro semestre chegou a 180 (media de 1 diario), o máis alto dos últimos anos"

Golfiño común varado e morto en Corrubedo
Golfiño común varado e morto en Corrubedo | Fonte: CEMMA.

Como recorda a Cemma, o normal é que "no primeiro trimestre do ano é cando se producen máis varamentos en Galicia, condicionado en xeral polas borrascas e ventos do suroeste que predominan aquí nesa época, e que despois aínda que se manteñen constantes ao longo do ano, xa o son en números inferiores".

Porén, este ano os científicos detectaron que "ese ritmo tan alto non baixou na primavera, e tivemos uns meses de abril e xuño que superan moito ás medias da última década".

A Cemma aporta un gráfico coa evolución dos varamenros en Galicia no primeiro semestre de cada ano, desde 2015. A gráfica fala por si soa: ano tras ano, estes eventos foron aumentando, de menos de 50 en 2015, a 180 en 2019 (o cuádruple).

Evolución do número de cetáceos varados na costa galega e atendidos pola Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños no primeiro semestre de cada ano, entre 2015 e 2019
Evolución do número de cetáceos varados na costa galega e atendidos pola Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños no primeiro semestre de cada ano, entre 2015 e 2019 | Fonte: CEMMA.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta