Novas Xeracións cre que "nunca se adoptaron máis medidas" para a igualdade das mulleres que co PPdeG

O presidente de Novas Xeracións, Adrián Pardo, asegurou que "están comprometidos coa igualdade, non só en marzo, senón os 365 días do ano" e resaltou o cambio que experimentou Galicia con respecto ao últimos dez anos en canto a medidas relacionadas coa violencia de xénero".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2019 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

O presidente de Novas Xeracións, Adrián Pardo, destacou este mércores que a defensa da igualdade "é unha loita na que deben participar todos independentemente de ideoloxías ou xéneros" e asegurou que "nunca se adoptaron máis medidas a favor da igualdade real e efectiva das mulleres que cos gobernos do PPdeG".

Durante unha rolda de prensa en Santiago de Compostela, Adrián Pardo asegurou que os mozos de Novas Xeracións "están comprometidos coa igualdade, non só en marzo, senón os 365 días do ano" e resaltou o cambio que experimentou Galicia con respecto ao últimos dez anos en canto a medidas relacionadas coa violencia de xénero.

Así, destacou que as beneficiarias de axudas económicas para mulleres e vítimas de violencia de xénero "aumentaron nestes dez anos, pasando de 228 beneficiarias en 2009 a case 700 este ano", así como as contías orzamentarias para estas axudas, que están actualmente case nos 6 millóns, segundo explicou Pardo.

En canto ao mercado laboral, neste 2019 "están afiliadas máis mulleres á Seguridade Social que nunca", case 480.000. Ademais, Galicia é a segunda comunidade cun maior ritmo de incremento dos salarios das mulleres nos últimos 10 anos, cun aumento do 10%.

MEDIDAS DA XUNTA

Por outra banda, a Xunta impulsou nesta última década varias medidas para paliar este problema, como a constitución do Observatorio da Violencia de Xénero ou a creación de aplicacións como EscAPP ou Agresión OFF, así como a posta a disposición de asistencia integral para orfos vítimas da violencia de xénero.

Así mesmo, o presidente de Novas Xeracións resaltou que o Executivo de Feijóo investiu en igualdade e na loita contra a violencia de xénero "un 67% máis que o que investiu o bipartito".

Doutra banda, a coordinadora xeral da asociación, Eugenia Vizcaíno, advertiu sobre "o mal uso das novas tecnoloxías que deron lugar a un novo tipo de violencia: o cibercontrol" e subliñou que é necesario "educar aos mozos, xa que eles van ser os que tomen a substitución xeracional".

O presidente de Novas Xeracións, Adrián Pardo, duranre unha rolda de prensa sobre políticas de igualdade. PPDEG
O presidente de Novas Xeracións, Adrián Pardo, duranre unha rolda de prensa sobre políticas de igualdade. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta