Por E.P. | A CORUÑA | 18/07/2019 | Actualizada ás 11:50
A xunta directiva de Cs na Coruña aprobou a incorporación da edil no Concello herculino, Mónica Martínez, e a afiliada Marina Tallón.
Diso informou a formación laranxa nun comunicado, no que explica que a xunta directiva na Coruña pasa de sete a nove membros tras estas incorporacións.
En concreto, a decisión foi tomada nunha asemblea extraordinaria celebrada o mércores tras a petición dos integrantes da dirección e despois dunha votación. Ao encontro asistiu o secretario de Organización de Cidadáns en Galicia, Laureano Bermejo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.