Artigos de Ramón Torrado

Un Prado galego

Unha recente visita ao Museo do Prado en Madrid foi o equivalente a unha breve estancia no Paraíso. Por motivos inesperados, limitouse a unha hora o proceso de entrar nun síndrome de Stendhal diante de tanta verdade e beleza.

Soños de crisálida

Unha consecuencia triste e feliz de ser maior é a gradual sensación de ver con máis claridade, mentres que se vai deteriorando a vista. Hai días nos cales se pensa que é preciso arriscarse (o que coloquialmente é denominado como “mollarse”) para acadar hipotéticos resultados e para aproximarse á verdade. É o que este artigo pretende.

O verán dos violíns e das zanfonas

Este verán de 2017 queda marcado para algúns melómanos pola presenza en Galicia de dous instrumentos que posiblemente non teñen fóra do ámbito da música clásica un recoñecemento que sexa acorde co feitizo envolvente que transmiten cando son tocados por mans expertas.

Nos seus zapatos

É posible que Javier Bardem reciba moi bos emolumentos por facer do pirata Salazar e doutros viláns en películas de notable éxito comercial, pero curiosamente para algúns cinéfilos o mellor Bardem encóntrase en dous personaxes galegos aos cales el deu vida. Son o Ramón Sampedro de “Mar adentro” e o Santa de “Los lunes al sol”. Neste último título é especialmente memorable e dunha tristura difícil de soportar a historia do amigo de Santa que vive en condicións ínfimas. Celso Bugallo é o extraordinario actor que fai ver o desgarro da señardade.

Verbenas na noite galega

I. Anos setenta do século vinte. Hai festa esta noite na aldea. A orquestra prepara a súa actuación: “holá, holá, sí, probando, probando”. O neno de sete anos entra no transformado campo de terra da súa escola e ve á esquerda á “dulceira”, unha muller sentada vestida de loito e como grega que vende sen sorrir chicles Cheiw, bastóns de plástico transparente con boliñas multicolores e algunhas lamberetadas máis. Ó neno chámalle a atención a única atracción: as barcas de cores que se elevan uns metros no aire. Pero o máis abraiante está diante del: no escenario elevado está a punto de aparecer o conxunto musical que vai amenizar a velada.

Un león en Taragoña

Aínda custa afacerse a escoitar con frecuencia nos noticiarios televisivos de Galicia e de España o nome de Taragoña. Esta parroquia de Rianxo é mencionada a causa da dramática desaparición da moza madrileña Diana Quer. Nas zonas de Beluso e do porto de Taragoña os investigadores encontraron pistas, pero lamentablemente o seu paradoiro segue a ser un misterio en maio de 2017.

Flores sobre Treblinka

Para Ángeles Fernández López Resulta imposible non sentirse afectados polas imaxes procedentes de Siria, onde a poboación foi atacada con armas químicas. Como con outros exemplos de infernos creados polos humanos na Terra, non acoden palabras adecuadas para expresar a desolación.

Conexións con Irlanda

En 2017 el ten 51 anos e entra nunha fase de nostalxia por Irlanda no instituto cando a lectora irlandesa Hannah McCormack dedica unhas clases a explicar a celebración en varias partes do mundo do Saint Patrick’s Day cada 17 de marzo. Pensa nas conexións que cada persoa ten coa illa esmeralda.