Un dos mensaxes políticos máis usados na eleccións municipais, por todos nisto con consenso, é que son as máis bonitas por ser as máis próximas á cidadanía e ós problemas da xente. É certo que son a administración do trato directo, os concellos teñen esa función. Porén, os parlamentarios galegos xa son unha especie máis difícil de observar polo común dos galegos, pero aínda así soen ter unha axenda de traballo próxima á Galicia e ó territorio.