Naceu en Ourense hai 22 anos. Actualmente estuda Dereito e Ciencias Políticas na USC.
Interesado nos eidos da Teoría Política, os sistemas de partidos e o dereito constitucional, así como os distintos procesos políticos que ocorren en todo o mundo e especialmente en Galicia e Europa.
Identificado cunha liña de pensamento galeguista, foi fundador en 2018 da asociación de estudantes Irmandade Galega Universitaria, de orientación nacionalista, da que actualmente é vicepresidente e representante no claustro da USC.