Artigos de Xosé Glez.

O Couto Mixto, capital de fronteira

Vai para máis de vinte anos que fun visitar as estremeiras terras da raia seca na baixa Limia. Ali houbo unha entidade territorial con personalidade xurídica de seu que tiña as súas oríxes na idade media. Chamábase Couto Mixto. Un protectorado das casas nobiliarias de Bragança e Monterrei, coas mesmas peculiaridades políticas de Andorra.

XXV Premios Peña Novo, o recoñocemento do maxisterio galeguizador

No patio de armas do histórico castelo de Soutomaior celebrarase o acto da entrega dos Premios Peña Novo o próximo día 26 do mes que andamos. Un convocatoria que todos os anos vén congregando a centos de amigas e amigos procedentes de diversos lugares da xeografía galega para testermuñaren a merecida homenaxe e recoñecemento público a aquelas persosas merecentes del polo seu bo facer na dignificación da nosa lingua.

As contas non cadran

Gardo a Cartilla Militar que me entregaran ao rematar o servizo militar obrigatorio, nas que se reseñaban as calificacións polo amor ao servizo, entrega, sacrificio e disciplina. No que fai ao Valor facían unha anotación común para todos: “se le supone”.

Irmandade Xurídica Galega

O próximo día 1 de xuño a Irmandade Xurídica Galega celebrará a XII asemblea anual na cidade de Pontevedra. A constituínte tivo como escenario a vila de Celanova. Despois foron escollidas sucesivamente outras cidades e vilas para homenaxear a egrexios xuristas comprometidos coa causa da galeguidade.

Pagar en galego

Desde hai un mes circula profusamente polas redes sociais unha campaña da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística instando á cidadanía a facer a declaración da renda en galego. Participan nela moitas persoas e coñecidos personaxes públicos.

120 anos do pasamento de Ramón Verea

Hai dez anos que o Foro E. Peinador celebrou na vila do concello da Estrada un encontro empresarial para abrir un diálogo entre a economía e a identidade. Expoñiámoslles aos empresarios asistentes os efectos positivos da incorporación progresiva da lingua galega nas súas actividades comerciais cando nese punto do debate entrou na sala José Manue Pérez Canal, director xeral de Aceites Abril, con varios envases das súas marcas de aceite etiquetados no noso idioma. Era unha sorpresa que lles tiñamos reservada aos asistententes. O entusiasmo contaxiouse Valeron máis os exemplos que mil palabras.

Reconstruíndo o relato galeguista

Recibimos das mans do señor Alcalde de Mondariz-Balneario a Medalla de Ouro do Concello concedida ao Foro E. Peinador polos méritos que recolle a acta do acordo aprobado por unanimidade dos grupos municipais da corporación municipal.

Quen honras fai, honras merece

En certa ocasión fun convidado a visitar as instalacións da Escola de Negocios dunha entidade financieira xa desaparecida. Cando chegamos ao aulario, o director do centro quixo que reparase que todas as aulas estaban dedicadas a coñecidos empresarios e teóricos da ciencia económica.