Irmandade Xurídica Galega

O próximo día 1 de xuño a Irmandade Xurídica Galega celebrará a XII asemblea anual na cidade de Pontevedra. A constituínte tivo como escenario a vila de Celanova. Despois foron escollidas sucesivamente outras cidades e vilas para homenaxear a egrexios xuristas comprometidos coa causa da galeguidade.

Por Xosé Glez. | Redondela | 23/05/2019

Comparte esta noticia
A tradición xurídica  galega, que está ben representadas en avogados de  sólida formación humanística,  é descoñecida por inxentes promocións de profesionais do dereito formados nas aulas da facultade de Dereito  compostelá, e  despois, coa segregación das universidades, nas súas homónimas de Vigo, Ourense e A Coruña.
 
No  século XVIII foi figura sobranceira  Bernardo Herbella de Puga, autor do “Dereito práctico da Real Audiencia da Coruña”, que pretendía poñer en coñecemento dos avogados e xente do foro, “os estilos tan  enraizados en prácticas, usos e costumes seculares, que é preciso coñecer para acomodar as súas actuacións ás características peculiares e físicas de Galicia”. Outra figura, pero xa no século XIX, foi José Pérez Porto, considerado como o autor que mellor estudou o dereito galego, como recolle o autor da “Historia do Dereito de Galicia”,  o profesor Rodríguez Ennes,  que debería ser de obrigada lectura para os futuros xuristas.
 
Esa tradición había ter o seu momento de esplendor, tempo despois,  cos xuristas das Irmandades da Fala. A todos eles dedicoulles a Irmandade Xurídica Galega un volúme que foi presentado na asemblea anual celebrada en Monforte de Lemos co gallo do centenario da fundación das Irmandades e homenaxe  a don Manuel Banet Fontenla, que tivo notaría naquela vila. Do seu compromiso coa lingua galega quedou moita obra escrita na que  denunciou “a incomprensible pragmática dos Reis Católicos que obrigaron a dar todos os instrumentos públicos na fala de Castela”. Coetáneo foi Salvador Cabeza de León, profesor da  Facultade de Dereito e primeiro presidente do Seminario de Estudos Galegos.
 
Decisivo foi tamnénb  Porteiro Garea profesor no mesmo centro, e do seu auxiliar na cátedra, Peña Novo. A nómina complétase con Roberto González Pastoriza, os maxistrados Sebastián Martínez-Risco,Fermín Bouza Brey e Ramón Carballal Pernas. Un núcleo importante de forxadores da galeguización xurídica dos  que queda constancia na numerosa bibliografía publicada e  monumentos colocados en rúas e prazas que perpetúan a súa memoria, promovidos pola  Irmandade Xurídica Galega.
 
Este ano homenaxearase a Xosé Fariña Jamardo, outro xurista  que foi secretario xeral da Deputación de Pontevedra e Oficial Maior do Parlamento de Galicia, autor dunha prolífica obra literaria e de investigación en lingua galega.
 
Este labor ininterrompido da Irmandade Xurídica Galega conseguíu aglutinar  a  trescentos operadores xurídicos e funcionarios xudiciais nunha auténtica lexión de galeguizadores, que será ampliada con máis de vinte novas incorporacións.
 

A Xunta e a Irmandade Xurídica conmemoran a primeira sentenza en galego
A Xunta e a Irmandade Xurídica conmemoran a primeira sentenza en galego | Fonte: Xunta
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé González Martínez Presidente do Foro E. Peinador e da Fundación Lois Peña Novo, secretario da Asociación de Funcionarios para Normalización Lingüística, da Irmandade Xurídica Galega e Asociación de Amigos do Couto Mixto.