Artigos de Xosé Glez.

Benito Montero, un fiscal galeguista

A Asociación Cultural O Brado d´A Estrada homenaxeará o próximo día 14 no Teatro Principal ao fiscal da Audiencia Provincial de Pontevedra Don Benito Montero Prego pola súa decisiva contribución á normalización lingüística nos usos xurídicos e xudiciais. Méritos ten abondos para recibir tal recoñecemento.

Bos viños con identidade

A Asociación Álvaro das Casas convócanos no Pazo dos Ulloa, Eposende-Ribadavia, ao acto público de entrega dos “Bacelos de Prata”, galardón que premia ás adegas que etiquetan no noso idioma.

Día da restauración da memoria lingüística de Galicia

Os lugares máis evidentes da desmemoria lingüística de Galicia son os cemiterios. Por incomprensible que poida parecer a “parroquia dos mortos” non fala a mesma lingua que a dos vivos. As lápidas dos camposantos galegos amosan a renuncia dos galegos ao seu idioma; prefiren, nos máis dos casos, lembrar aos seus defuntos nunha lingua na que nunca falaron en vida.

Luís Soto. Vieiros da memoria

Cando estamos a píques de celebrarmos o cabodano do pasamento de Luís Soto Fernández (12 de novembro), a Fundación Lois Peña Novo e o colectivo Galeguizargalicia considera oportuno procurar na súa memoria aqueles feitos senlleiros que a adornan e agrandan. Para rendérmoslle a merecida homenaxe propuxémoslle a dez concellos galegos, nos que deixou a pegada imborrable o seu maxisterio, programar un roteiro para deixar constancia do seu paso por eles.

Ramón Obella Vidal, Día da Galeguidade Empresarial

Na historia da economía galega hai fitos moi relevantes para que sexan coñecidos polos estudantes das facultades de económicas e escolas empresariais. O seu coñecemento debera incluírse nos programas formativos. Só así poderíamos ter na dirección das empresas profesionais sabedores dunha tradición e duns dirixentes empresariais que acadaron éxitos nos negocios con evidente compromiso coa cultura galega.

A derradeira lección do profesor Gómez Segade

O profesor Xosé A. Gómez Segade xubílase da docencia universitaria . O próximo día 27 do mes que andamos, cando as badaladas da catedral compostelá anuncien as doce da mañá, entrará no salón artesonada de Fonseca para impartir a súa derradeira lección como catedrático da Facultade de Dereito. Ese día terá moita máis audiencia, porque amais dos alumnos acudirán outros discípulos que desde 1984 tiveron a sorte de formárense na súa cátedra de dereito mercantil.

Unha sentenza que fai patria

O dicionario galego define a argallada como unha mentira dita a mantenta co único obxectivo de conseguir un beneficio persoal por procedementos espúreos. Esta definición é a que mellor lle acae a un cidadán ourensán que quixo eludir unha sanción de tráfico por estacionar en zona limitada debidamente sinalizada: “Prohibido aparcar. Agás carga e descarga”. No seu recurso perante o xulgado do contencioso-administrativo núm. 1 de Ourense argalla a súa defensa alegando descoñecer o sginificado da preposición “agás”. O texto íntegro da sentencia pode lerse en galeguizargalicia a través do GC.

Luís Soto

O Concello de Celanova vén de acordar darlle a un vieiro o nome de Luís Soto. Os que fomos os seus compañeiros de loita agradecémoslle á corporación municipal esta honra a súa memoria. A Fundación Lois Peña Novo tamén recibe con ledicia esta decisión motivada pola proposta que lle fixera hai dous anos ó goberno municipal. Xaora o rueiro celanovés ten tres nomes unidos por un tempo e unha loita común: Celso E. Ferreiro, Pepe Velo e Luís Soto. Os tres foron amigos e abandeirados de proxectos culturais e políticos de transcendental magnitude para Galicia.