A organización territorial de Galicia está formada por tres mil setecentas cincuenta parroquias con cadanseu camposanto. Iso, sen contar a maiores os cemiterios municipais, que son ao pé de cen. Estes espazos comunais embelecidos moitos deles por unha arquitectura fúnebre singular, son depositarios da memoria colectiva; homes e mulleres que en vida falaron maioritariamente no idioma propio de Galicia. Pois ben, estas “parroquias de mortos”, segundo expresión acuñada polos antropólogos, son escenarios de visita obrigada unha vez ao ano, alomenos. No rural son máis frecuentes.