Artigos de Xosé Glez.

Nós, Enrique Peinador e Mondariz-Balneario

Días atrás celebramos no Concello de Mondariz-Balneario unha homenaxe a Enrique Peinador Lines coa descuberta na Casa do Concello dunha placa que incorpora un Código QR para descargar a biografía do homenaxeado, con este texto: “A Enrique Peinador Lines no centenario da senlleira revista “Nós”. A súa achega foi un elo máis do seu labor de compromiso emprendedor transversal, modernizador e galeguista co País”. O acto foi promovido polo Foro E. Peinador e coordinado pola sempre eficiente Carme Vaquero que contou cos patrocinios do Concello e Secretaría Xeral de Política Lingúística.

Eau de Parfum, eau de Cologne

As coñecidísimas marcas da perfumería francesa, Giorgio Armani, Dior, Paco Rabanne, Yves Saint Laurent, Chanel, Jean Paul Gaultier… están a facer este mes unha campaña publicitaria dos seus produtos en todas as canles de televisión no idioma do seu país.

Arquivos municipais

Celebrouse días atrás un xuízo no Carballiño contra un exalcalde e catro rexedores máis no que tiveron que declarar ao pé de 60 funcionarios municipais. Unha das funcionarias declarou que “no arquivo do Concello pode entrar calquera, non ten unha grande dificultade. Desde a rúa podería entrar calquera e non se decataría ninguén”. Total, que aquel arquivo era un pendello. Tanto, que ela presenciou “como a documentación era tirada en carretillas ao camión da brigada de obreiros”. Eu pensei que exemplos coma os descritos xa non existían. Pero si que os hai.

Publicidade en galego

Esta circulando polas vilas ourensáns unha exposición conmemorativa do centenario da revista Nós. Unha iniciativa necesaria para dar a coñecer a importancia que tivo unha xeración de intelectuais implicados no afortalamento da nosa identidade nacional. Mágoa que os responsables de tal iniciativa incorrísen no erro por omisión de non recoñecerlle ao empresario galeguista Enrique Peinador Lines o mérito de ter recuperada a publicación interrompida durante un ano e medio por falta de recursos financieiros. Negarlle ao empresario e militante do Partido Galeguista o papel que tivo na continuidade da publicación non só é inxusto, senón que deixamos de transmitirlles aos actuais un modelo de compromiso co seu país que el tan ben soubo exercer.

De Castromil a Nueva Pescanova, os avances da lingua

A publicidade en galego ten como primeiro fito histórico o anuncio da máquina de coser da “Compañía Fabril Singer” publicado nos derradeiros anos do século XX na revista A Monteira. Por aquel entón a editada na Habana e dirixida por Curros Enriquez “Terra Galega”, anunciaba tres marcas de viños galegos “Salto do Can”, “Enxebre” e “Veira do Miño”.

"Autonomismo sano y bien entendido"

Nos comezos dos anos sesenta o goberno franquista creara o Consejo Económico y Social del Noroeste. Tal hiperbólica denominación buscaba non mencionar o nome de Galicia ata que pasados os anos o alcalde de Pontevedra e procurador en Cortes Filgueira Valverde conseguira que se substituise o punto cardinal polo de Galicia. Eran tempos nos que a ideoloxía do réxime apelaba ao “regionalismo sano y bien entendido”. Hoxe aquel ideoloxema ten continuidade noutro semellante: “el autonomismo debe ser sano y bien entendido”

Cando a vontade move montañas

O décimo cabodano do pasamento do xeneral da Garda Civil Gonzalo Jar Couselo é o pretexto para rememorar o traballo realizado desde 1990 pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística (AFNLG) para que os corpos policiaís en Galicia recoñezan e exerzan o réxime da cooficialidade lingüística.

Enrique Liste na memoria

Hoxe vou ter unha lembraza para Enrique Jesús Liste. Na casa tirábanlle por Jesús. Tal foi a súa sona entre as tropas republicanas que o poeta Antonio Machado dedicaralle un poema que remata dicindo: “Si mi pluma valiera tu pistola /de capitán contento moriría”. Sentíase orgulloso dese poema machadiano. Se se lle pedía, con moito rubor, recitábao.