Artigos de Pablo Vaamonde

A porta xiratoria

A porta xiratoria é un magnífico invento. Nada máis entrar nun dos seus ócos a porta avanza e, en catro pasos, atópaste no interior.

O saqueo da sanidade

A dereita non para de pregoar a súa letanía: cómpre privatizar para xestionar mellor. Mais se miramos arredor vemos que decenas de empresas privadas van á quebra e deixan miles de persoas sen traballo. Tamén podemos lembrar a privatización e liberalización do sector eléctrico, culminada por Aznar. Hoxe  pagamos a luz máis cara de Europa e ainda lle debemos cartos ás compañías, arredor de 24.000 millóns de euros. Agora o capitalismo impaciente dirixe a súa ollada á nosa educación e á nosa sanidade.

Desmantelando a sanidade pública

Na “axenda oculta” do Partido Popular había un obxectivo principal: ocupar o poder para desmontar desde dentro, como troianos, o Estado de benestar, construido nas últimas décadas con tanto esforzo colectivo e que constitúe un elemento básico para garantir a cohesión social e a igualdade de oportunidades. Mais a facción ultraliberal que nos goberna non cre na igualdade das persoas e desconfía do sector público.

Falando en voz baixa

As voces baixas, o último libro de Manuel Rivas pode ser, na miña opinión, unha das mellores obras deste autor que xa é, con todo merecemento, un dos máis grandes da nosa literatura. Trátase dun texto autobiográfico no que, en vintedúas breves estampas, repasa os primeiros anos da súa vida, desde os primeiros medos infantís ata os seus inicios no xornalismo, traballando como meritorio no mítico Ideal Gallego daqueles anos setenta, onde comezou no oficio a carón de figuras como Luís Pita e Xosé Gaciño.

As vítimas dos recortes

Unha sociedade sa e forte procura criar con saúde os seus fillos, atender debidamente aos doentes e desvalidos e protexer os últimos anos das persoas maiores. Mais vivimos nun momento cruel e nunha sociedade enferma que non aborda debidamente as que deberían ser obrigas principais. As forzas políticas dominantes están a desmontar o Estado de benestar para substituir a xustiza por caridade e os servizos públicos por negocios privados.

A confianza básica

A relación entre as persoas e os grupos humanos baséase na confianza. É preciso garantir unha confianza básica mínima: saber que o outro non te engana, que non te vai traizoar. Os expertos en psicoloxía evolutiva (Erikson) definen a confianza básica como o sentimento de seguridada experimentado polo recén nacido cando é debidamente atendido polos pais, o que lle proporciona unha posición de esperanza e optimismo fronte á vida futura.

O galego está enfermo

O galego está enfermo, pero aínda non morreu, como se prognosticou hai anos. Ainda hoxe é a língua maioritaria en Galicia. A grande maioría da poboación entende o idioma e tamén sabe falalo. Pero hai un dato preocupante: a poboación máis nova e cun nivel educativo máis alto –e que tamén saben escribilo e lelo-, son os que máis desertaron do seu uso na vida cotiá. Tamén preocupa a escasa presenza da lingua nos medios de comunicación (e a desaparición daqueles que a usaban) así como a pouca penetración no espazo virtual.

A secesión

A dereita catalana representada por CiU impón políticas semellantes ás do goberno central. Aplicou severos recortes no gasto público e deu apoio a reformas laborais que facilitan o despedimento.
Pablo Vaamonde Nado na Baña en 1956. É médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña e responsable do Programa de Formación Continuada de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006. Tamén foi membro da Comisión Sectorial de Sanidade que elaborou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, colaborador habitual dos medios e autor de tres libros de narrativa: O fillo do emigrante (2002), O mes de abril (2004), Luz Divina e outros retratos (2006). Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005, polo seu compromiso na promoción e defensa da língua de Galicia e é colexiado de Honra con Emblema de Prata (2007) do Colexio Oficial de Médicos da provincia de A Coruña.