Artigos de Lois Pérez Leira

Hai que paralos!

Debemos de paralos. É un obriga política e moral deter a maquinaria demoledora do PP, que se está a cargar un século de conquistas sociais. Xa non se trata tan só por unha cuestión ideolóxica.

Marea Beiras

Co asubío de arrincada destas eleccións, iníciase a Marea Beiras, que significara a marea da rebelión electoral.

Gobernar o noso país

Nas vindeiras eleccións de Galicia non soamente está en xogo derrotar electoralmente ao P.P. de Núñez Feijoo e o seu modelo obsoleto, senón tamén poder gobernar o noso país.

A bomba de Beiras

Algúns datos da última enquisa de Sondaxe son moi orientativos para ir prevendo un novo escenario electoral en Galicia. Unha desas conclusións que xa sabiamos é que Xosé Manuel Beiras segue a ser o político galego máis coñecido (xunto a Feijoo) e recoñecido pola poboación, a pesar de levar moitos anos nun segundo plano, fóra da primeira liña política.

Acordo histórico da esquerda galega

O acordo electoral entre ANOVA e Esquerda Unida abre un proceso de reconciliación histórico, entre a esquerda estatal e nacional. A disputa política iniciada nos anos 60 cun claro gañador, a esquerda nacional, parece que está a punto de rematar nun empate político e amigable.

Beiras e a rebelión social

O Estado español e a súa economía nunca antes tiñan estado tan preto de ser Grecia ou parecerse. Este último país foinos mostrando o camiño que a partir de agora nos fará percorrer o goberno de Mariano Rajoy, coa vantaxe de que xa sabemos como pode ser o inferno tan temido.

Beiras e o “zapatazo electoral”

O adianto electoral en Galicia é un runrún que case ninguén dúbida. No outono realizásense as vindeiras eleccións galegas que serán un desafío moi importante para o goberno de Mariano Rajoy. Todo comeza e termina en Galicia, no ciclo político da dereita española. Esta nova cita pode ser o inicio do final, dun novo ciclo do Partido Popular.
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.