Beiras e o “zapatazo electoral”

O adianto electoral en Galicia é un runrún que case ninguén dúbida. No outono realizásense as vindeiras eleccións galegas que serán un desafío moi importante para o goberno de Mariano Rajoy. Todo comeza e termina en Galicia, no ciclo político da dereita española. Esta nova cita pode ser o inicio do final, dun novo ciclo do Partido Popular.

Por Lois Pérez Leira | Vigo | 17/07/2012

Comparte esta noticia

En Galicia foi onde Manuel Fraga se refuxiou e inicio a reconquista de España, é posible que tamén en Galicia sexa o inicio dun camiño que acelere a perdida electoral do partido que na actualidade administra unha das crises máis profundas de España en case un século.

 
O panorama político galego é moi complexo, por unha banda Núñez Feijoo e o seu partido saben que a crise económica vailles afectar directamente nas intencións de votos. O pouco ou moito que lle afecte pode facerlle perder a maioría electoral no parlamento. Doutra banda esta pode ser a oportunidade, para que un sector importante, os da “Boina”, lles pase factura por tanta incomprensión e falta de sensibilidade galeguista. Neste tema todas as olladas apuntan cara a Ourense onde parece que se sitúa a alternativa interna máis belicosa e resentida.
 
Nas fileiras do PSOE pouco cambiou, moitos debates internos por parcelas de poder, case nulo debate de ideas e o protagonismo maquiavélico de Abel Caballero.
 
Nas ringleiras do BNG o panorama é patético. Está saíndo da ruptura en dúas desta organización e un candidato a presidente que aínda non se instalou, segue sendo un descoñecido político, para a gran maioría da cidadanía.
 
Mentres este aburrido panorama político se desenvolve, unha nova forza emerxente está a piques de irromper, liderada por Xosé Manuel Beiras. A nova construción colectiva que se está parindo desde a bases, no marco desta situación política, pode converterse nun revulsivo electoral, que converta ao líder Irmandiño, no referente alternativo da sociedade galega, que aspira a un cambio de modelo de facer política.
 
O seu estilo de político e a súa proxección social encaixan perfectamente coa demanda que está facendo un sector moi importante da sociedade que necesita construír unha opción electoral ilusionadora e de esquerdas. Existe unha necesidade obxectiva de chamar as cousas polo seu nome, sen pelos na lingua, no medio dunha clase política, cada vez máis aburrida e falta de ideas que ilusionen aos votantes. Creo que Xosé Manuel Beiras producirá un “zapatazo electoral” que fará posible a derrota do PP en Galicia e comezo dun novo ciclo político no estado español.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.