Sen un candidato do PP carismático, co desgaste do goberno de tantos anos exercendo o poder, sen grandes cambios. Ábrese a perspectiva de que o BNG aumente considerablemente o caudal de votos e o PSOE manteña o seu caudal electoral. A suma das dúas forzas lograrían acordar un goberno de progreso.
A candidata do BNG Ana Pontón mostrou ser unha candidata crible, carismática e centrada nos problemas do país. O BNG demostrou nas últimas eleccións que ten estrutura, que está arraigado e que é o partido que autenticamente representa a Galicia nos distintos parlamentos, tanto o galego, como o estatal ou o europeo. Xa hai un tempo que deixou de ser un partido urbano para ter votantes en toda a xeografía galega, mesmo na emigración.
Algunhas forzas marxinais en Galicia, como Podemos e Sumar, que se presentan ás eleccións sen posibilidades de representación, soamente serán un factor negativo para o BNG e para conseguir a maioría necesaria para gobernar. Dita actitude demostra unha actuación mezquina, preferiendo que gañe a dereita por pouca marxe. Mentres Vox xa está representada polo Partido Popular.
A recente actitude de Xose Manuel Beiras e ANOVA de apoiar a candidatura do BNG, foi unha verdadeira posición patriótica que abre a posibilidade de reunificar a familia nacionalista de esquerda. Yolanda Díaz pagará caro a súa actitude soberbia e no fondo de dereitas.
As cartas están botadas, se se contasen os votos individuais dos votantes, a esquerda gañaría como xa o fixo noutras oportunidades. O que demostra que Galicia non é de dereitas. O sistema electoral, a división electoral nas catro provincias favorece sempre, que o PP teña maioría no parlamento.
Con moita expectativa vívense estes días electorais. A dereita de Alfonso Rueda está moi nerviosa polos posibles resultados. Mentres o nacionalismo de esquerda, movendo ceo e terra para que a mocidade e os sectores afectados polo sistema déanlle o voto para empezar unha nova etapa de cambios e progreso.