Xeógrafos da Universidade de Santiago analizan a vulnerabilidade do litoral galego ante os temporais ou os posibles cambios ambientais no contexto do cambio climático. En xeral, a vulnerabilidade é baixa, pero un 4,52% da costa galega mostra alta ou moi alta vulnerabilidade, especialmente espazos dun elevado valor ambiental.