Os primeiros cristiáns de Galicia, na Lanzada?

É unha das hipóteses coas que traballa o equipo arqueolóxico tras os datos e os materiais atopados nos dez esqueletos exhumados.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/10/2016 | Actualizada ás 11:46

Comparte esta noticia

As escavacións da Lanzada poden supoñer toda unha revolución no estudo da arqueoloxía en Galicia, sobre todo, se se confirman distintas hipóteses sobre os esqueletos de sete nenos, dous mozos e unha muller adulta aparecidos ate agora. A súa orientación e o feito de que foran enterrados en caixas e sen axuar funerario podería indicar que se tratarían dos primeiros cristiáns dos que se ten coñecemento en Galicia e, mesmo, do Estado.

Rafael Rodríguez, arqueólogo da Deputación de Pontevedra, fotografando os restos atopados na Lanzada
Rafael Rodríguez, arqueólogo da Deputación de Pontevedra, fotografando os restos atopados na Lanzada

Esta é unha das hipóteses que ten o arqueólogo da Deputación de Pontevedra, Rafael Rodríguez, coordinador desta campaña, que tamén salienta nunha entrevista en Historia de Galicia a  importancia deste sitio arqueolóxico que puido ser un gran emporio comercial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta