Os ósos de nenos do depósito da Lanzanda datan dos séculos I e II, e os de ‘Cornelia’ do V

As probas conclúen que dous dos 11 nenos atopados datan do século I d.C. e outro deles do século II d.C. Ademais, as análises mostran que a muller chamada 'Cornelia' é do século V d.C.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 14/11/2016 | Actualizada ás 19:27

Comparte esta noticia

As probas realizadas aos restos óseos encontrados nun depósito da Lanzada, en Sanxenxo (Pontevedra), conclúen que dous dos 11 nenos atopados datan do século I d.C. e outro deles do século II d.C. Ademais, as análises mostran que a muller chamada 'Cornelia' é do século V d.C

Restos dun esqueleto dunha muller, Cornelia, atopados na Lanzada
Restos dun esqueleto dunha muller, Cornelia, atopados na Lanzada | Fonte: DEPO

Diso informou a Deputación de Pontevedra este luns nun comunicado, despois de que se levaran a cabo as probas de Carbono 14 no laboratorio Beta Analytics de Miami (EE.UU.).

Con todo, a Deputación remitirá máis ósos de 'Cornelia' ao laboratorio estadounidense para obter unha segunda avaliación, debido a "á posibilidade dunha alteración nas súas probas". E é que se considera que, debido a que a súa dieta -cun alto consumo de mariscos e pescado- bota unha alta presenza de coláxeno puido producir unha variación analítica nos seus ósos.

O equipo de arqueoloxía da institución provincial atopou no Campo da Lanzada un total de 15 corpos, 11 deles nenos e nenas, así como tres persoas adultas e os restos dun can. As análises indican que os nenos tiñan menos dun ano no momento de falecer.

Rafael Rodríguez, arqueólogo da Deputación de Pontevedra, fotografando os restos atopados na Lanzada.
Rafael Rodríguez, arqueólogo da Deputación de Pontevedra, fotografando os restos atopados na Lanzada.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta