Os sindicatos CC.OO. CIG e UGT anunciaron este mércores a convocatoria dunha xornada de paro, o 10 de xaneiro, no sector da limpeza de edificios e locais da provincia de Pontevedra, en demanda dun "convenio digno" e "ante a insistencia da patronal" de facer propostas que "supoñen profundar na precarización" dos 11.000 traballadores e traballadoras afectados por este marco regulador.