O sector da limpeza de Pontevedra volve saír á rúa este mércores "por un convenio digno"

As mobilizacións serán fronte á empresa Clece de Vigo ás 12,30 horas e do hospital do Salnés ás 11,00 horas.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 14/11/2023 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

Traballadores do sector da limpeza de edificios e locais da provincia de Pontevedra sairán á rúa de novo este mércores para reclamar unha mellora das condicións laborais no marco da negociación do convenio. Con mobilizacións fronte á empresa Clece de Vigo ás 12,30 horas e do hospital do Salnés ás 11,00 horas, queren tamén trasladar a súa solidariedade aos compañeiros de Lugo, en folga indefinida "pola negativa da patronal de incrementar uns salarios que se atopan por baixo do SMI".

A CIG, CC.OO e UXT volven convocar protestas ante a "parálise" das negociacións e tras 10 reunións coas patronais estatal Aspel e a provincial Aelpo, que ofrecen, segundo indican os sindicados, unha subida de salario do 2,66% sen carácter retroactivo. Ao concluír sen acordo a última reunión da mesa negociadora, que tivo lugar o pasado 6 de novembro, a parte social decidiu convocar asembleas informativas en Vigo e Pontevedra, nas que apostaron por continuar coas mobilizacións para sacar adiante un convenio que afecta a máis de 9.000 traballadores na provincia.

Concentración de fregonas 'caídas' na folga de limpeza en Lugo para urxir á patronal un convenio 'digno'. CIG
Concentración de fregonas 'caídas' na folga de limpeza en Lugo para urxir á patronal un convenio 'digno'. CIG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta