Augusto Pérez Alberti, docente ad honorem da USC que formou parte do comité asesor do anterior Plan de Ordenación Litoral (POL) da costa galega, analiza para o Galicia Confidencial a dinámica erosiva á que se ven sometidas estas illas.
  comenta   0
Algo máis de 4 de cada 100 metros da costa galega son vulnerables á forza do mar, expostos a fondos procesos de erosión como consecuencia dos temporais mariños, cada vez máis agresivos. Así o determina un estudo realizado polos investigadores da USC Alejandro Gómez-Pazo e Augusto Pérez Alberti.
  comenta   0
"Estamos nun escenario de cambio climático acelerado e, por suposto, de cambio na dinámica mariña, e que iso non se teña en conta para nada na nova lei paréceme moi grave; non se pode planificar un territorio coma se fose un escenario estático, debería planificarse sempre partindo dun escenario dinámico", advirte Augusto Pérez Alberti, docente 'ad honorem' de Xeografía na Universidade de Santiago de Compostela (USC) que formou parte do comité asesor da anterior lei de costas.
  comenta   0