Critican que a Administración aumente o orzamento para pagar publicidade en medios co gallo do Día do Libro mentres mantén conxeladas as axudas ao sector libreiro e déixaos practicamente abandonados nas feiras internacionais. Piden máis axudas para as editoriais e estratexias para gañar lectores máis eficaces que unha campaña puntual en prensa, radio e televisión.