"Aínda que eu respecto moito a artesanía e a cestaría tradicional, e penso que hai que aprender dela e non deixar que se perda, como veño máis do mundo do deseño, tamén me interesa levar a cestaría a outros campos, facendo pezas máis creativas e contemporáneas", conta Julia ao GC, asegurando que aí é onde podería estar a crave para garantir o futuro do oficio.
  comenta   0
Julia de la Cal destacou que a súa obra, 'Perifería #01', "transita" as linguaxes dos mundos dos que ela procede, o oficio de artesán e o deseño, ao combinar a manufactura cesteira con aplicacións da técnica pictórica.
  comenta   0
Lamenta que "a artesanía hai quen a valora e hai quen non e ese é un problema". Conta ao GC que "a xente nova non amosa tanto interese no que fago, vén á feira ver como fago as cousas, pero non se ven facéndoas eles nin saben se o que vendo é feito á man ou comprado".
  comenta   0