Será este venres, día 16, ás 23.00 horas, no Teatro Colón onde, antes, ás 21.30 horas, proxectarase a película 'Tungsteno', informa a organización.
A Asociación Cultural Autobán, co apoio do Concello da Coruña, promove o I Premio Autobán ao mellor fanzine galego 2023-2024, un novo certame pioneiro no sector da autoedición
Agora, poderá verse en formato serie a través de Instagram e Tik Tok. O primeiro capítulo xa está dispoñible e os próximos episodios poranse ver en marzo os días: 16, 28, 22, 25 e 27.
As décadas dos 80 e os 90 do século XX en Galicia viron nacer unha vaga de fanzines que foron plataformas de expresión para futuros creadores e creadoras en diversas áreas. Porén, tamén houbo fanzines (moitos) que no seu momento deron expresión á rabia e ao fastío da xente nova en lugares non urbanos ou case urbanos. Política, medioambiente, antimilitarismo, pacifismo, denuncia social e outros temas hoxe moi actuais, tiveron nestas pequenas publicacións o altofalante que lles faltaba na prensa xeralista.
  comenta   0
O festival de música electrónica Fanzine Fest celebrarase do 4 ao 9 de decembro na Coruña, con novas localizacións, en concreto o castelo de San Antón e a igrexa das Capuchinas.