Miguel Calvo é profesor no centro CIFP Ferrolterra e xunto cun colega, Carlos Pérez e a colaboración de alumnos e outras persoas deseñaron e crearon unha máquina para o lavado do grelo. A máquina foi presentada no Fpinnova 2024 mostrando innovacións como reciclaxe da auga, limpeza por aire e desinfección por luz ultravioleta. Está en fase experimental e quen queira dispoñer dela pode contactar co centro CIFP Ferrolterra para probala nos seus terreos.