"Falta moita cultura micolóxica. Non se coñece que só se pode recoller 2 kg de cada especie por día, e hai quen vai e arrasa con todo. Tamén hai que evitar apañar os cogomelos pequenos". Son as reflexións de Anxo Fernández Saborido, o presidente do Grupo Ecoloxista Adenco que leva 20 anos organizando xeiras micolóxicas.